Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Matemáticas II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Matemáticas II Código 611G01010
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Gómez Suárez, Manuel Alberto
Correo electrónico
manuel.gomez@udc.es
Profesorado
Gómez Suárez, Manuel Alberto
López Núñez, Alejandro
Correo electrónico
manuel.gomez@udc.es
alejandro.lopezn@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral O obxectivo deste curso é presentar aos alumnos os conceptos básicos do cálculo diferencial en varias variables, a programación matemática e as ecuacións diferenciais, que serán necesarios para a aprendizaxe doutras disciplinas do grao e para a súa carreira futura. O estudante deberá entender os conceptos básicos presentados e os resultados que os relacionan, e aplicar ese coñecemento de forma adecuada e rigorosa para resolver problemas prácticos. Farase unha énfase especial na aplicación dos contidos do curso a problemas de natureza económica e á interpretación dos resultados obtidos. Tamén se pretende axudar os alumnos a desenvolver habilidades xenéricas, como a capacidade de análise e síntese, a capacidade de razoamento lóxico, a capacidade de resolución de problemas, o pensamento crítico, a aprendizaxe independente, ou a capacidade de recuperar e utilizar información de varias fontes.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Ningún 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas, pero a docencia presencial será online a través de Teams. *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Sin variación 4. Modificacións na avaliación De ser preciso, as probas presenciais faranse de forma virtual. *Observacións de avaliación en caso de que a evaluación sexa totalmente virtual: Cualificación provisional e definitiva: A cualificación provisional será a media ponderada das cualificacións obtidas segundo o descrito no apartado de avaliación. Para aqueles estudantes que obteñan unha nota inferior a 7 puntos, esa será a súa cualificación definitiva, suxeita á eventual revisión de oficio descrita no apartado de avaliación. Os estudantes que obteñan unha cualificación provisional igual ou superior a 7 puntos poderán presentarse a unha sesión virtual para a defensa das súas probas e/ou entregas. De non presentarse a esa sesión a súa cualificación definitiva sería de 6.9 puntos (Aprobado), suxeita á eventual revisión de oficio descrita no apartado de avaliación. De presentarse á sesión de revisión, estaríase ao descrito sobre o proceso de revisión e, en caso de defender adecuadamente a realización das probas e/ou entregas, a cualificación definitiva do estudante sería a obtida de forma provisional. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía 6. Comunicación e solución de problemas: a) Se o problema é de falta de acceso a Internet ou de equipamento necesario para realizar as actividades de avaliación online a través de Moodle e/ou Teams, debe comunicarse ao profesor para poder tomar as medidas oportunas. Non se aceptarán como válidas xustificacións baseadas na falta de dispoñibilidade do equipamento necesario de non ser comunicado ao profesor antes da data convida. b) Se o problema é unha dificultade técnica puntual durante algunha das probas online síncronas, deberá poñerse en coñecemento do profesor antes ou durante a realización da proba (por Teams, por correo electrónico, ou por teléfono). Con carácter xeral, non se aceptarán como válidas xustificacións de problemas técnicos comunicados despois de concluír o prazo de realización da proba. c) Para previr problemas na entrega de probas e/ou boletíns a través de Moodle recoméndase non axustarse á data límite.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes