Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Microeconomía e Mercados
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición de contidos por parte do profesorado, que pode responder a formatos diferentes: análises teóricas, resolución de problemas, discusión de casos. Pode estar complementada con medios audiovisuais, así como a introdución de preguntas ou a resolución de problemas ou cuestións teóricas dirixidas ao estudiantado, que poderán ter carácter oral ou escrito.
A finalidade desta metodoloxía é a transmisión dos conceptos microeconómicos e o coñecemento da materia.
Solución de problemas Cuestións teóricas ou prácticas para resolver polo alumnado, que poderán plantexarse no contexto das sesións maxistrais, nos seminarios ou ben como traballo persoal do estudantado. Así mesmo, poderase requirir a entrega dos resultados da resolución dos problemas teóricos ou prácticos plantexados, tanto en soporte papel como dixital, a través da entrega directa, mediante a plataforma on-line, do correo electrónico ou de calquera outro sistema indicado polo profesorado.
Estudo de casos Análise, discusión e resolución de supostos teóricos ou prácticos, nos que o estudantado se sitúa ante un problema concreto (caso) que describe unha situación real ou suposta. Valoraránse as solucións propostas polos/as alumnos/as á resolución dos casos plantexados. A execución desta metodoloxía pode ser de xeito presencial ou virtual.
Proba mixta A proba mixta correspóndese co exame oficial. Como alternativa a esta proba mixta final poderanse propoñer probas mixtas intermedias (que poderán ser realizadas de forma presencial ou mediante a plataforma virtual), para que o estudiantado poda ter un seguemento continuo do seus progresos. A superación de todas estas probas mixtas intermedias será equivalente á superación da proba mixta final.
A posibilidade de participar nestas probas mixtas intermedias estará suxeita ao cumprimento das condicións establecidas polo profesorado.
Seminario Traballos individuais ou colaborativos para análise detallada de problemas ou cuestións do contido do temario, que poden requirir unha exposición individual ou grupal do estudiantado, como resposta a problemas prácticos ou teóricos plantexados tanto para a súa resolución previa como para a resolución na aula. Así mesmo pódense realizar seminarios teóricos baseados na exposición de contidos por parte do profesorado.
Eventos científicos e/ou divulgativos Participación (na forma na que sexa indicada) en eventos de tipo científico ou divulgativo, indicados polo equipo docente, con aproveitamento e participación activa acreditada.
Portafolios do alumno Recopilación estruturada e organizada de traballos personais, de carácter teórico ou práctico, realizados ao longo do curso, como evidencias para a adquisición de coñecementos e competencias da asignatura.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes