Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Microeconomía e Mercados
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A7 A9 A12 B1 B3 B5 C1 Valoraranse os coñecementos e capacidades mostradas polo alumnado nas probas propostas polo equipo docente.
Realizaranse probas mixtas ao longo do curso.
Forma parte da avaliación continua.
As probas poderán ser realizadas presencialmente ou online a través da plataforma Moodle.
30
Proba obxectiva B2 B1 B3 B4 B5 B7 B8 C3 Valoraranse coñecementos adquiridos ao longo do curso. A proba poderá consistir en cuestións de tipo teórico ou práctico.
Realizaranse probas obxectivas ao longo do curso.
Forma parte da avaliación continua.
As probas poderán ser realizadas presencialmente ou online a través da plataforma Moodle.

70
 
Observacións avaliación

Realízanse a seguintes observacións:

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. En todas elas a avaliación continua pondera o 100% e as probas requeridas estarán a disposición dos estudantes na correspondente convocatoria. 

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: dado que a avaliación é continua ao 100%, estes estudantes deberán realizar todas as probas propostas, acordándose ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

4. Sobre condicións de avaliación final: será correspondente a acadada mediante avaliación continua e todas as probas deberán ser cumprimentadas con data límite fixada.

5. Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes