Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Subjects
  Política Económica
   Methodologies
Methodologies Description
Document analysis Utilizaranse referencias documentais de todo tipo que axuden aos obxectivos do curso. Servirán tanto para afianzar coñecementos teóricos coma para a realización de actividades de obradoiro.
Workbook En cada tema poderase facilitar ao alumno algún documento que sirva de referencia a través da súa lectura para afondar nos contidos teóricos da materia. A devandita documentación tamén poderá empregarse como material de apoio para o resto de metodoloxías de natureza máis práctica

Guest lecture / keynote speech Explícanse os aspectos fundamentais da materia

Workshop Realizaranse diferentes actividades que requiren a participación activa do alumnado. Valorarase a capacidade de análise e de razoamento do alumno afondando nos contidos propios da materia. En canto a traballo específico do alumno, propoñeranse preguntas de resposta breve para valorar o grao de aprendizaxe e a capacidade de síntese, tamén se formularán preguntas de resposta ampla relacionadas con aspectos da materia habitualmente con referencia a un texto, un gráfico, unha noticia, etc. e no seu caso tamén poden formularse preguntas para cuxa resposta o alumno deberá elixir unha das opcións formuladas no enunciado. Parte desta metodoloxía desenvolverase nas clases de grupo reducido
Objective test Ao final do curso realizarase unha proba escrita. Con ela preténdese realizar unha valoración global obxectiva dos coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso e da súa capacidade de razoamento
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes