Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Política Económica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B2 B1 B3 Avaliación nun exame final. Consiste na realización dun exame escrito no que se avalían todos os contidos desenvolvidos durante o curso. 60
Obradoiro A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C8 Avaliación ó longo do curso. Dentro deste apartado considérase a participación nas clases e as actividades prácticas desenvolvidas e presentadas polo alumnado durante o curso. 40
 
Observacións avaliación

Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades
de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación
final, con independencia da cualificación alcanzada.

Segunda oportunidade: Os
criterios de avaliación son os mesmos que da primeira oportunidades.

Convocatoria adiantada: 100% en examen final.

Estudantes con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade
para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do
curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Sobre condicións de avaliación
final:
Está prohibido
acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co
exterior e/ou almacenamento de información.

Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa
personalidade de acordo coa normativa vixente.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes