Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Estatística II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A6 A8 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 Realización de exercicios individuais ou en grupo que os alumnos realizarán durante os diferentes obradoiros, a proposta do profesor. 25
Proba mixta C1 Como alternativa á proba mixta final e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesorado pode realizar proba(s) mixtas, organizadas ao longo do período docente. Para a realización das probas mixtas, o profesor pode pedir o cumprimento dalgunha condición 65
Aprendizaxe colaborativa A5 A13 C4 C5 C7 C8 Consiste na realización de traballo/s en grupo.
Cada traballo pode ser obxecto dalgún sistema de comprobación por parte do profesor
5
Proba oral A3 A4 A5 Con esta proba se evalua a exposición oral do alumnado e/ou a súa participación activa en clase. A/s modalidades de proba oral estableceranse segundo criterio do profesor. 5
 
Observacións avaliación

A proba mixta considérase fundamental na avaliación, sendo necesario obter nela un mínimo de 26 puntos (é dicir un 40% ). Se un alumno non obtén o mínimo esixido deberá realizar a proba final.

Aprobarase a materia cando se obteñan cincuenta puntos ou máis no cómputo global da materia, alcanzando a nota mínima nas probas mixtas.


Os alumnos que o desexen poderán presentarse a subir nota na proba final das convocatorias oficiais


Considérase un alumno como non presentado cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación obtida.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes