Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Estatística II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A6 A8 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 Realización de exercicios individuais ou en grupo que os alumnos realizarán durante os diferentes obradoiros, a proposta do profesor. 25
Proba mixta C1 Como alternativa á proba mixta final (examen final de xuño o xullo) e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesorado pode realizar proba(s) mixtas, organizadas ao longo do período docente. Para a realización das probas mixtas, o profesor pode pedir o cumprimento dalgunha condición 65
Aprendizaxe colaborativa A5 A13 C4 C5 C7 C8 Consiste na realización de traballo/s en grupo.
Cada traballo pode ser obxecto dalgún sistema de comprobación por parte do profesor
5
Proba oral A3 A4 A5 Con esta proba se evalua a exposición oral do alumnado e/ou a súa participación activa en clase. A/s modalidades de proba oral estableceranse segundo criterio do profesor. 5
 
Observacións avaliación

As probas e actividades de avaliación da materia relizarnse unicamente nas datos previstas, salvo causa excepcional, sometida a criterio do profesor.

A proba mixta considérase fundamental na avaliación, sendo necesario obter nela un mínimo de 26 puntos (é dicir un 40% ). Se un alumno non obtén o mínimo esixido deberá realizar a proba final nas oportunidades de xuño ou de xullo.

Aprobarase a materia cando se obteñan cincuenta puntos ou máis no cómputo global da materia, alcanzando a nota mínima nas probas mixtas.

Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

Os alumnos que o desexen poderán presentarse a subir nota no exame final da materia, previa notificación ao profesor e autorización por parte deste.

Se houbese un alumno que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade. neste caso, é dun 65% no exame e 35% da puntuación obtida na avaliación continua.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes