Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Estatística II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta C1 Como alternativa á proba mixta final (examen final de xaneiro o xullo) e co obxectivo de motivar o traballo continuado e repartido do alumnado, o profesorado pode realizar proba(s) mixtas, organizadas ao longo do período docente. Para a realización das probas mixtas, o profesor pode pedir o cumprimento dalgunha condición 70
Proba de ensaio A5 A13 C4 C5 C7 C8 Consiste na realización de exercicio/s ou traballo/s, individuais ou en grupo.
Cada traballo pode ser obxecto dalgún sistema de comprobación por parte do profesor
30
 
Observacións avaliación

As probas e actividades de avaliación da materia realizaranse unicamente nas datas previstas, salvo causa excepcional, sometida a criterio do profesor.

As datas de realización da proba mixta e das probas de ensaio anunciaranse na aula coa suficiente antelación. A proba mixta considérase fundamental na avaliación, sendo necesario obter nela un mínimo. Se un alumno non obtén ou mínimo esixido deberá realizar a proba final nas oportunidades de xaneiro ou de xullo.

Aprobarase a materia cando se obteñan a metado ou máis no cómputo global da materia, alcanzando a nota mínima na proba mixta.

Os alumnos que non obtivesen a nota mínima na proba mixta  e, con todo, o cómputo global da avaliación resultase ser superior a 5 puntos sobre 10, non terán aprobada a materia e figurarán en actas cunha nota de 4,5.

Os alumnos que o desexen poderán presentarse a subir nota no exame final da primeira oportunidade, previa notificación ao profesor e autorización por parte deste. Os criterios de avaliación na segunda oportunidade serán os mesmos que os aplicados na primeira oportunidade.

Os alumnos que se presenten á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia realizaráselles unha proba mixta que suporá o 100% da cualificación final.

 Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

Seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 



Os mesmos criterios anteriores aplicaranse a os alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes