Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Estatística II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta C1 Correspóndese co exame final da primeira e segunda oportunidades da convocatoria ordinaria. Avalían o contido de toda a materia. Na primeira oportunidade, o profesor pode plantexar a posibilidade de que os alumnos que asistan a clase fagan esta proba mediante exames parciais non eliminatorios. Estes exames parciais realízanse ao longo do período lectivo na programación das clases.
-O alumnado que supere o curso polos exames parciais non terá que presentarse ao exame final da primeira oportunidade. Se se presenta, a nota que obteña substitue á obtida por parciais, aínda que sexa inferior.
-O alumnado que non aprobe o curso a través dos exames parciais terán que presentarse ao exame final na primeira ou segunda oportunidade para aprobar a asignatura.
Para a realización das probas mixtas, o profesor pode solicitar o cumprimento dalgunha condición.
70
Proba de ensaio A5 A13 C4 C5 C7 C8 Correspóndese co módulo de avaliación continua, que non se pode recuperar nos exames finais da primeira ou segunda oportunidade.
Consiste en realizar probas de tipo examen, exercicios ou traballos. As tarefas poden ser individuais ou en grupo e poden requirir o uso das ferramentas TIC empregadas durante o curso. A avaliación das tarefas por parte do profesor faise en horario de clase, e pode ser oral ou escrita.
Neste módulo valorarase a participación en clase.
30
 
Observacións avaliación

NORMATIVA DE AVALIACIÓN

Está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de
avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou
almacenamento de información.

Cada alumno/a deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa
vixente.

As probas de avaliación da materia realizaranse únicamente nas datas
previstas, salvo causa excepcional sometida ó criterio do/a profesor/a.

TIPOS DE CALIFICACIÓN

Serán cualificados con "Non presentado/a" únicamente os/as alumnos/as
que se presentaran a probas de avaliación que supoñan en conxunto menos do 20%
da nota total.

Os/as alumnos/as con recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou exención
de asistencia a clase serán avaliados cos mesmos criterios que os/as de tempo
completo.

OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN

A asignatura considerarase aprobada cando a nota total da asignatura sexa de
a lo menos 5 puntos sobre 10, e se superase a nota mínima das probas mixtas.

Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación indicados
anteriormente nesta sección.

Segunda oportunidade: poderase recuperar o 70% da nota total correspondente
á proba mixta. Os/as alumnos/as que aproben a asignatura na primeira
oportunidade, non poderán presentarse á segunda oportunidade.

Convocatoria anticipada: as condicións de avaliación son específicas para
esta oportunidade, que será avaliada por medio dunha única proba mixta que
suporá un 100% da cualificación final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes