Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Historia Económica de España
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Historia Económica de España Código 611G01015
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Vilar Rodriguez, Margarita
Correo electrónico
margarita.vilar.rodriguez@udc.es
Profesorado
Vilar Rodriguez, Margarita
Correo electrónico
margarita.vilar.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral O principal obxectivo desta materia consiste en que o alumnado sexa capaz de comprender e analizar a evolución da economía española desde unha perspectiva de longo prazo, o que lle permitirá situar as etapas máis representativas do seu desenvolvemento no proceso de converxencia con Europa. Non podemos esquecer que a Historia Económica ofrece ao alumnado os coñecementos sobre a evolución económica en épocas pasadas que lle faciliten a comprensión do mundo actual. O contexto actual no que vivimos (e no que o alumnado vai actuar como economista) é resultado dunha longa evolución, sen cuxa comprensión nos faltarían elementos para unha interpretación correcta dos acontecementos actuais. Nun mundo cada vez máis globalizado, o coñecemento da Historia Económica e das súas raíces máis profundas ten que formar parte da maleta intelectual dun futuro economista. Doutro lado, o coñecemento e reflexión sobre a evolución económica das sociedades desde unha perspectiva de longo prazo permite introducir ao estudante nunha temática e razoamentos propios dun economista (o funcionamento dos mercados, o comportamento dos consumidores e das empresas, os mecanismos de distribución e acumulación, a dinámica do crecemento económico, entre outros) aplicada sobre acontecementos económicos que xa sucederon e que son coñecidos. Deste xeito, a Historia Económica complementa desde o estudo dunha realidade coñecida os modelos teóricos propios da análise económica.
Plan de continxencia
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes