Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Subjects
  Economic History of Spain
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Planificación do curso, explicación de conceptos básicos e presentación das metodoloxías a aplicar
Case study Incluen prácticas a partir de textos e datos estatísticos
Workbook Haberá varias lecturas de carácter obrigatorio cuxo contido se discutirá en clase. Os seus contidos servirán como complemento das clases maxistrais e como material para realizar estudos de caso e análise de datos
Oral presentation Debateránse os contidos das lecturas obrigatorias e os resultados dos estudos de caso e análise de datos
Long answer / essay questions Durante o curso realizaranse dúas probas avaliables (cada unha 1,5 puntos) que servirán para realizar a avaliación continua dos estudantes. Estas probas consistirán nunha análise de datos históricos e/ou unha lectura obrigatoria do curso. Os alumnos dispoñerán dunha hora para realizar cada un dos exercicios propostos que computarán globalmente cun máximo de 3 puntos na nota final. As datas destas probas facilitaranse ao inicio do curso
Guest lecture / keynote speech Nas sesións maxistrais o profesor impartirá as pautas clave da materia que o alumno debe coñecer e preparar con traballo individual e en grupo utilizando o resto de instrumentos que ofrece o curso. A asistencia a clase e a participación nas actividades realizadas na aula serán decisivas para elaborar a cualificación final dos alumnos dubidosos, aos que lles falten poucas décimas para o aprobado ou para subir nota
Objective test Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais. Para superar a proba, e que esta compute na avaliación final, haberá que obter un mínimo de 30 puntos dos 70 totais. Valorarase a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos do programa. Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Así mesmo, é necesario que cada alumno que desexe realizar o exame se identifique correctamente co DNI ou carné de estudante na aula onde se vaia realizar a proba.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes