Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Historia Económica de España
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Planificación do curso, explicación de conceptos básicos e presentación das metodoloxías a aplicar
Estudo de casos Inclúen prácticas a partir da análise desde unha perspectiva de historia económica de textos e datos estatísticos relacionados coa economía española nos séculos XIX e XX
Lecturas Haberá varias lecturas de carácter obrigatorio cuxo contido se discutirá en clase. Estes contidos servirán como complemento das clases maxistrais e como material para realizar estudos de caso e análise de datos
Proba de ensaio A avaliación continua consistirá na elaboración de dous exercicios prácticos (cada un valorado nun 30% da nota final) que se realizarán a través de “a entrega de tarefas” de Moodle nas datas indicadas pola profesora o primeiro día de clase e publicadas no calendario de Moodle da materia. Os exercicios propostos computarán globalmente cun máximo de 6 puntos na nota final. As datas de realización das dúas probas comunicarase ao alumnado o primeiro día de curso e engadirase ao calendario de moodle da materia. Cada práctica realizarase na data e hora fixada de forma manuscrita nunha cara, que se escaneará e enviarase en formato .PDF, nun arquivo identificado con apelidos do/ da estudante, a través de "entrega de tarefas de moodle". Si non se cumpren estes requisitos, a entrega de tarefa non será considerada válida. Cada unha dstas probas consistirá nunha análise de datos históricos (cadros e/ou gráficos) da economía española. A partir destes datos os/as estudantes terán que realizar un diagnóstico económico da situación e elaborar argumentos razoados que expliquen os porqués no comportamento dos datos. A matriz de avaliación destas prácticas basearase nos seguintes Ítems (cada un puntúase cun 20% máx.): 1. Sitúa a análise no marco económico e histórico; 2. Entende os datos ofrecidos desde un punto de vista económico; 3. Identifica o problema ou cuestión a analizar; 4. Constrúe argumentos económicos para explicar o comportamento dos datos; 5. Emprega a linguaxe económica de maneira correcta
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais a profesora impartirá as pautas crave da materia que o estudante debe coñecer e preparar co seu traballo individual e en grupo utilizando o resto de instrumentos que ofrece o curso (inclúe as lecturas obrigatorias). Ao comezo de cada tema colgaranse en moodle materiais que axudarán o marco económico xeneral que se vai a analizar e os principais obxectivos a conseguir en forma de preguntas. Será responsabilidade do estudante consultar estes materiais segundo se vaia indicando no desenvolvemento do curso. As explicacións teóricas de cada tema será completadas coa realización de exercicios prácticos e estudos de caso. Estes exercicios colgaranse tamén no moodle da materia e elaboraranse, discutirán e corrixirán en común.
Proba obxectiva Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais cun valor de 4 puntos na nota final (40% da nota final). O exame final consistirá nunha reflexión crítica nunha cara manuscrita, escaneada e subida nun arquivo formato .PDF (identificado tanto na carilla manuscrita como no nome do arquivo cos apelidos e nome do autor/a) a través de moodle sobre un aspecto proposto do contido teórico da materia. Na realización deste exercicio valoraranse principalmente os seguintes ítems: a utilización da linguaxe económica adecuada, a elaboración de argumentos económicos razoados e expostos de maneira clara e a análise crítica.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes