Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Historia Económica de España
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A4 A5 A6 A7 A9 A12 B3 B6 B7 B8 C6 Inclúen as prácticas con material cuantitativo. Refírese ás análises de datos estatísticos dende unha perspectiva de longo prazo. Os estudos de caso avaliaranse a través das dúas probas de ensaio/desenvolvemento 0
Lecturas A7 A10 A11 A13 C2 C5 Representan unha información complementaria ás clases maxistrais. En clase traballaranse as técnicas para extraer a información fundamental das lecturas e discutirase o seu contido en clase. O contido das lecturas servirá como materia complementaria á impartida nas clases maxistrais. Así mesmo, o contido das lecturas servirá tamén para elaborar os estudos de caso. En consecuencia, a súa avaliación realizarase conxuntamente cos estudos de caso a través das dúas probas de ensaio/desenvolvemento
0
Proba obxectiva A4 A6 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C6 Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais establecidas. No exame valorarase a capacidade de expresión, o manexo e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e o coñecemento dos contidos do programa da materia.

O exame final representa o 40% da avaliación final do estudante que se sumaría ao 60% da avaliación continua obtida polos/as estudantes. O exame final non é obrigatorio na primeira oportunidade para os/as estudantes que obtivesen unha nota mínima de 5 na avaliación continua, o que supón superar a materia.

En segunda oportunidade garántese que o/a estudante poida superar a materia coa oportunidade de realizar unha práctica (similar ás do curso) por valor do 30% da nota. Deste xeito, sen avaliación previa, o/a estudante pode conseguir 7 puntos sobre 10 posible. Para detalles, véxase apartado de "proba de ensaio".

En calquera dos escenarios descritos, o/a estudante terá que conseguir un mínimo de 5 puntos sobre os 10 para superar a materia.
40
Sesión maxistral A2 A4 A7 A8 C4 Nestas sesións o profesor impartirá as pautas crave da materia que os estudantes deben coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso. A avaliación desta materia producirase a través da proba obxectiva na convocatoria oficial e dos estudos de caso 0
Proba de ensaio A3 A6 A9 A12 C1 Inclúen as prácticas con material cuantitativo (estudos de caso e Lecturas). Ao comezo do curso, a profesora establecerá dúas datas para realizar dúas probas avaliables e computables na nota final. As datas publicaranse no calendario de moodle da materia. En conxunto, as dúas probas avaliables contarán un máximo de 6 puntos na nota final de curso.

O alumnado que superase a avaliación continua cunha nota mínima de 5 puntos poderá ter superada a materia sen asistir ao exame final. De forma voluntaria pode asistir ao exame final da primeira oportunidade para subir nota.

No caso da segunda oportunidade, os/as estudantes poden decidir de forma voluntaria realizar unha práctica (similar ás realizadas durante o curso) que se puntuará cun máximo de 3 puntos. Neste caso, para o cómputo da nota final do alumno/a elixiranse as dúas notas máis altas das tres prácticas realizadas (2 durante o curso e 1 o día da convocatoria oficial da segunda oportunidade) e refugaríase a terceira nota (a máis baixa das tres). A terceira práctica posible realizaríase na data do exame oficial da segunda oportunidade, unha vez rematado o exame
60
 
Observacións avaliación

Tal e como se describiu nos apartados anteriores, inicialmente a docencia está prevista de forma presencial. Con todo, previuse que tanto as probas de prácticas da avaliación continua como o exame final da convocatoria oficial realizaranse a través da plataforma moodle (salvo que chegado o momento, a UDC indique que obrigatoriamente se realizarán as convocatorias oficiais de exame de forma presencial). En calquera dos casos, o contido da materia, a metodoloxía e a avaliación serán idénticos coa única condición de que as clases se pasarían á plataforma virtual TEAMS. 

 Outras cuestións

1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.
 

2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na convocatoria adiantada e na segunda oportunidade é posible recuperar (ou mellorar) parte dos puntos da avaliación continua (30%) mediante a realización dunha práctica complementaria (voluntaria) na data da convocatoria oficial, tras a realización da proba obxectiva final. Véxase detalles en apartado específico de avaliación 

3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación. En calquera caso, estes/ as estudantes deberán informar e poñerse en contacto coa profesora por correo electrónico no inicio de curso. 

4. Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes