Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Subjects
  Macroeconomía
   Methodologies
Methodologies Description
Problem solving Na aula proporanse problemas que os alumnos deberán resolver. Os alumnos exporán a súa resposta na aula unha vez comprobada a correcta resolución dos casos. Os problemas ou casos terán estreita relación con cada un dos temas que se explicaron nas sesións maxitrais. Tamén se plantearán intervencións inherentes o proceso de ensino-aprendizaxe, baseadas na exposición verbal a través da cal os alumnos e o profesor interactúan de maneira ordenada, facendo aclaracións ás cuestións presentadas. Poderanse propoñer traballos a realizar baixo a dirección do profesor, traballos que poderán ser individuais ou en grupos reducidos. Estes traballos deberán ser expostos polos alumnos na aula utilizando os medios dispoñibles.
Objective test Os exámenes da asignatura realizaranse nas convocatorias oficiais en xuño e xullo, que corresponden, respectivamente a primeira e segunda oportunidade. Tamén se realizarán na data establecida para a oportunidade adiantada. Nesta proba obxectiva tratarase de avaliar os coñecementos acadados polo alumno na preparación da asignatura. O obxectivo fundamental da proba obxectiva é o de avaliar a capacidade da razonamento nos temas propios de macroeconomía e a capacidade para entender e actuar ante as cuestións planteadas. Os coñecementos teóricos e os desenvolvementos matemáticos e gráficos acadados durante a preparación do programa da asignatura serán avaliados de maneira axeitada. Por este motivo será unha proba que abarque todo o programa explicado cun nivel de profundidade axeitado, que non exceda nin sexa inferior ó nivel planteado no curso.
Guest lecture / keynote speech As actividades docentes do curso abarcarán clases maxistrais, ademáis de clases prácticas. Utilizarase a linguaxe oral, matemática e gráfica para a explicación dos diferentes temas do programa docente. A asistencia, de acordo coa guía da titulación, considérase obligatoria e de fundamental importancia para o correcto seguimento do curso e das actividades propostas polo profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes