Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Macroeconomía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Na aula propóñense problemas que teñen estreita relación con cada un dos temas que se explican nas sesións maxistrais, e que contribúen á súa comprensión.
Proba obxectiva A proba obxectiva está deseñada para avaliar os coñecementos alcanzados polo alumno na preparación da materia. O obxectivo fundamental da proba é o de avaliar a capacidade de razoamento nos temas propios de Macroeconomía e a capacidade para entender e actuar ante as cuestións expostas. Os coñecementos teóricos e os desenvolvementos matemáticos e gráficos serán avaliados de maneira adecuada, mediante preguntas abertas. A proba inclúe, ademais, un test a respostas múltiples de coñecementos mínimos da materia.
Proba de resposta breve Durante o curso realizaranse probas de respostas breves relacionadas cos temas de estudo para avaliar de forma continua a aprendizaxe.
Sesión maxistral As actividades docentes do curso incluirán clases maxistrais, ademais de clases prácticas. A asistencia considérase de fundamental importancia para o correcto seguimento do curso e das actividades propostas polo profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes