Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Macroeconomía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A3 A8 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C2 C4 Preguntas curtas máis un exercicio. 70
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C6 O profesor propoñerá actividades ao longo do curso, como solución de problemas e exposición de resultados, e realización de exercicios sobre os contidos estudados. Valorarase a resolución e a exposición dos problemas en clase, de forma individual ou en conxunto e tamén as solucións dadas aos exercicios propostos. 30
 
Observacións avaliación
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN: 

1. Condicións de avaliación: Está
prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior ou almacenamento de información.

2. Identificación do estudante: O
estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:



1. Cualificación de non presentado:
Corresponde ao alumno, cando só participe en actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación alcanzada.

2. Estudantes con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os
estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean
exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que aos alumnos a
tempo completo.



C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:



1. Primeira oportunidade: aplicaranse os
criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.



2. Segunda oportunidade: Os criterios de
avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. 

3. Convocatoria adiantada: na
convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua
mediante preguntas adicionais á proba final.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes