Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Políticas Económicas Sectoriales
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C4 C6 C8 As diferentes actividades desenvolvidas durante o curso serán avaliadas para obter a cualificación desta parte. Podería haber diferentes ponderacións para cada actividade segundo a súa tipoloxía ou dificultade. Valoraranse en gran medida o esforzo persoal a aprendizaxe continua e a comunicación escrita e/ou oral. 40
Proba mixta A1 A2 A3 A4 A7 A8 A9 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C4 C6 C8 Esíxese unha cualificación igual ou superior a 3/10 nela para superar a materia. Ademáis do coñecemento dos contidos da materia, valoraranse:
- a capacidade de expresión
- as capacidades analítica e sintética
- a capacidade para argumentar
- a capacidade para elaborar un discurso coherente
- o dominio da linguaxe técnica e científica
60
 
Observacións avaliación
  1. Para obter a cualificación de "Non presentado", os estudantes non poderán participar en actividades que ponderen o 20% ou máis na avaliación do curso, independentemente da cualificación obtida nelas.
  2. Mínimos das partes da materia: para superar a materia, cómpre unha cualificación igual ou superior a 3 sobre 10 na proba mixta.
  3. Todas as oportunidades de avaliación realizaranse cos mesmos criterios, manténdose, por tanto, as cualificacións da avaliación continua realizadas durante o curso.
  4. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención de asistencia: deberán comunicarse co profesor nas dúas primeiras semanas de curso e poderán elixir entre: a) o sistema de avaliación do resto de estudantes adaptado ás súas circunstancias (por exemplo e na medida do posible, realizando os obradoiros fóra de horario de clase e enviándoos por correo electrónico) ou b) unha avaliación só con proba mixta que represente o 100% da cualificación; sería aplicable o descrito para esta proba para o resto de estudantes, salvo que, neste caso, habería que ter 5 ou máis sobre 10 para superar a materia. Esta elección manteríase para todas as súas oportunidades de avaliación.
  5. Condicións de realización da avaliación final. Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes