Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A9 B3 C7 Os alumnos resolverán problemas prácticos a través dos coñecementos adquiridos; realizaranse de forma individual ou en grupo, e nas datas e formas que se detallarán na sesión de actividades iniciais. Pódese avaliar a asistencia e participación, a resposta a determinadas preguntas formuladas polo profesor, a realización e exposición en clase de exercicios prácticos ou outro tipo de proba desenvolvida para ese efecto. Esta metodoloxía será de aplicación na parte de Métodos Estatísticos. 15
Obradoiro A7 A10 B1 Os alumnos deberán ter presenza activa nestas clases e deberán resolver os exercicios que lles sexan propostos, de forma individual ou en grupo. Pódese avaliar a asistencia, a resposta a determinadas preguntas formuladas polo profesor, unha proba de ensaio formada por preguntas curtas, tipo test, ou outro tipo de proba desenvolvida para ese efecto. Esta metodoloxía será de aplicación na parte de Introdución á Econometría. 15
Proba obxectiva B4 B5 B6 B7 C1 Ao longo do curso realizaranse dúas probas obxectivas, unha para a parte de Métodos Estatísticos e outra para a parte de Introdución á Econometría. O peso destas probas na nota final e os requisitos necesarios para aprobar a materia explícanse máis adiante no apartado de observacións. 70
 
Observacións avaliación

CUESTIÓNS XERAIS

A materia ten dous
contidos diferenciados: Métodos Estatísticos e Introdución á Econometría. A
cada parte correspóndelle o 50% da cualificación total.

A cualificación de cada
alumno calcularase combinando as probas de avaliación anteriormente descritas.
A cualificación agregada para o conxunto da materia obtense do seguinte modo:

- Actividades de
avaliación durante a docencia de Métodos Estatísticos (incluídas en 'solución
de problemas'): supoñen un 15% da nota final. Basearanse na participación
activa do alumno nas clases prácticas e na resolución de controis, problemas e
exercicios na aula, na forma que se detallará ao comezo das clases de Métodos
Estatísticos.

- Exame final para a
parte de Métodos Estatísticos: suporá un 35% da nota final. Ademais das dúas
oportunidades a final de curso que contempla a normativa xeral do centro,
haberá unha proba obxectiva liberatoria a mediados do cuadrimestre, nunha data
que se anunciará con suficiente antelación.

- Actividades de
avaliación durante a docencia de Introdución á Econometría (incluídas en
'obradoiro'): supoñen un 15% da nota final. Basearanse na participación activa
do alumno nas clases prácticas e na resolución de controis, problemas e
exercicios na aula, na forma que se detallará ao comezo das clases de
Introdución á Econometría.

- Exame final para a
parte de Introdución á Econometría: suporá un 35% da nota final. Corresponde ás
dúas oportunidades a final de curso que contempla a normativa xeral do centro.

 

PROCEDEMENTO DE
AVALIACIÓN

As probas obxectivas
considéranse fundamentais para a avaliación, polo que será necesario obter un
mínimo de 3,5 puntos sobre 10 en cada unha delas (Métodos Estatísticos e
Introdución á Econometría) para computar coas outras actividades que se
avalíen, e poder aprobar a asignatura.

A mediados do
cuatrimestre farase un exame (proba obxectiva) da parte de Métodos
Estatísticos. Esta parte considerarase liberada a condición de que se obteña
unha cualificación maior ou igual a 3,5 puntos sobre 10 nela. Se esta parte é
liberada, no exame final haberá que realizar únicamente a parte de Introducción
á Econometría.

Os alumnos que non
obtivesen a nota mínima nas probas obxectivas e, con todo, o cómputo global da
avaliación resultase ser superior a 5 puntos, non terán aprobada a materia e
figurarán en actas cunha nota de 4,5. Aprobarase a materia cando se obteña
cinco puntos ou máis no cómputo global da materia, alcanzando a nota mínima nas
probas obxectivas.

Os alumnos que liberen
unha parte da materia mediante unha proba obxectiva, só terá validez para o
curso actual. Se un alumno que ten liberada unha parte non consegue aprobar a
materia no seu conxunto nas oportunidades de xuño (primeira oportunidade) ou de
xullo (segunda oportunidade), a súa cualificación final será suspenso, e terá
que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.

Os criterios de
avaliación na segunda oportunidade serán os mesmos que os aplicados na primeira
oportunidade (70% no exame e 30% da puntuación obtida na avaliación continua).

As condicións de
avaliación da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación,
Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado
Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por
medio dunha proba mixta que suporá o 100 % da cualificación final. 

Con respecto á
cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de
Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que únicamente
se presentaran a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota
final. 

Seguindo a normativa
aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se
desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que
permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia aplicaráselle as mesmas normas de avaliación que ós
alumnos matriculados a tempo completo. Os alumnos con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial están exentos da asistencia a clase, pero teñen a
mesma obriga de acudir a calquera tipo de proba de avaliación, sexa de
avaliación continua ou un exame final, que o alumnado a tempo completo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes