Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Subjects
  Contabilidade
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A4 B2 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 50
Multiple-choice questions A4 B2 Durante o curso realizarase unha proba tipo test. O alumno que, por calquera razón, non realice a proba terá a cualificación de cero na mesma. 10
Workshop A6 A10 A12 B2 B1 B3 B5 B7 C1 C3 C5 C7 C8 Valorarase, a través de pequenas probas escritas individuais realizadas na aula, a aprendizaxe fora da aula baseada na resolución dos exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. 40
 
Assessment comments

A metodoloxía proposta
persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ó alumno para que traballe de
xeito continuado ó longo do curso e ii) fomentar a autonomía do alumno no
proceso de aprendizaxe. Con este fin, ó alumno pídeselle que:


a) Prepare, individualmente ou en
grupo, as cuestións indicadas polo profesor para á súa discusión na aula
.
Valórase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa
preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de
vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía o alumno pode compensar con
ata 1 punto a cualificación total obtida coa avaliación continua (obradoiro e
proba de resposta múltiple), sen superar o máximo que corresponde a
esta avaliación (5 puntos).
 
b) Semanalmente realice os exercicios e
casos prácticos propostos polo profesor.
Recoméndase o traballo
en equipo para discutir as posible solucións. Ao inicio dunha das dúas sesións
de cada semana o profesor presentará aos alumnos un pequeno exercicio, similar
aos propostos para realizar fora da aula, que cada alumno deberá
resolver de xeito individual no
tempo marcado polo profesor
. Estes exercicios recolleranse e de
todos eles o profesor valorará catro, elixidos aleatoriamente ao rematar o
cuadrimestre. 

En canto ao exame final
e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión
Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:

Cualificación
de non presentado.

Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación acadada. 

Condicións
de realización do exame final
.
Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. 

Avaliación
da oportunidade de xullo.
Esta debe
realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación
do primeiro ou do segundo cuadrimestre.

















Por último, no caso de que
ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada",
e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a
avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes