Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Subjects
  Contabilidade
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Objective test A4 B2 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 40
Multiple-choice questions A4 B2 Durante o curso realizarase unha proba tipo test. O estudante que, por calquera razón, non realice a proba terá a cualificación de cero na mesma. 10
Workshop A6 A10 A12 B2 B1 B3 B5 B7 C1 C3 C5 C7 C8 Valorarase, a través de presentacións orais ou pequenas probas escritas individuais realizadas na aula, a aprendizaxe fora da aula baseada na resolución dos exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da materia. 50
 
Assessment comments

A metodoloxía proposta
persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumnado para que traballe de
xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante no
proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante pídeselle que:


a) Prepare,
individualmente ou en grupo, as cuestións e exercicios propostas polo profesorado da materia para a súa discusión na aula
. Valórase, tanto o rigor nos
argumentos utilizados, consecuencia da súa preparación previa, como a
habilidade para presentar e defender o seu punto de vista fronte ao dos seus
compañeiros. Por esta vía o estudante pode compensar con ata 1 punto a
cualificación total obtida coa avaliación continua (obradoiro e proba de
resposta múltiple), sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación (6
puntos).

b) Semanalmente
realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da materia.

Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. Ao inicio
dunha das dúas sesións de cada semana o docente presentará aos estudantes un
pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fora da aula, que cada
estudante deberá resolver de xeito individual no tempo marcado polo docente. Estes
exercicios recolleranse e de todos eles valoraranse catro, elixidos
aleatoriamente ao rematar o cuadrimestre. A valoración destes exercicios suporá
o 40% de cualificación final. 

c) Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do
profesorado da materia, un caso práctico para ser presentado na aula
na data marcada polo profesorado da materia. Valorarase a dificultade do caso práctico elixido, o rigor na súa
resolución e a súa presentación e defensa na aula. A valoración deste caso
práctico representará o 10% da cualificación final.

En canto ao exame final
e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión
Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:

Cualificación
de non presentado.

Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación acadada. 

Condicións
de realización do exame final
.
Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. 

Avaliación
da oportunidade de xullo.
Esta debe
realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación
do primeiro ou do segundo cuadrimestre.

















Por último, no caso de que
ao estudante se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada",
e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a
avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. A valoración desta proba
mixta representará o 100% da cualificación na acta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes