Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Contabilidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A4 B2 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 30
Proba de resposta múltiple A4 B2 Durante o curso realizarase unha proba tipo test sen previo aviso. 10
Presentación oral A9 A10 A13 B2 B3 B4 Pedirase aos estudantes que presenten na aula un caso práctico que deberán resolver previamente e traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta o rigor na súa resolución, a presentación feita na aula e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. 20
Proba práctica A9 A12 B2 B3 C3 Ao inicio de cada unha das sesións destinadas a discutir exercicios e casos prácticos, o docente presentará aos estudantes un pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fora da aula, que deberá ser resolto de xeito individual no tempo marcado polo docente. Estes exercicios recolleranse e de todos eles valoraranse catro, elixidos aleatoriamente ao rematar o cuadrimestre. 40
 
Observacións avaliación

A metodoloxía proposta
persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumnado para que traballe de
xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante no
proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante pídeselle que:

a) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da materia. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. 

b) Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do equipo docente da materia, un caso práctico para ser presentado na aula na data marcada polo profesorado da materia. 

c) Prepare, individualmente ou en grupo, as cuestións e exercicios
propostos polo equipo docente da materia para ser debatidos na aula e que
participe activamente nas discusións promovidas na clase, así coma naquelas que xurdan no
foro virtual. Valorarase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia
da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu
punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía (participación
activa na aula/foro) o estudante pode compensar con ata 1 punto a cualificación
total obtida nas probas escritas realizadas durante o curso, sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación (5 puntos). Deste xeito, o estudante que, por calquera razón, non realice algunha das probas de avaliación continua (proba de resposta múltiple ou probas prácticas) será cualificado con un cero nesa proba, pero esa cualificación poderá ser substituída pola nota obtida ca súa participación na clase. Isto é, dos seis elementos a ter en conta (proba intermedia, catro probas prácticas e participación) elixiranse os cinco que presenten as maiores cualificacións. 

Estudantes
en réxime de dedicación parcial.

Dadas as peculiaridades da materia, recoméndase aos estudantes aos que lles
fora concedido o réxime de dedicación parcial que, de ser posible, traten de
asistir asiduamente ás clases e participar nas actividades de avaliación
continua. Se isto non fose posible, estes estudantes e só estes estudantes,
poderán  realizar, en lugar das diferentes probas de avaliación continua, unha
única proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios
da materia. Esta proba será en parte ou na súa totalidade oral e realizarase
antes do remate das clases nunha data concordada entre todos os estudantes que
estean nesta situación e o equipo docente da materia. A cualificación obtida
nesta proba será considerada como a nota de avaliación continua destes
estudantes. Deberán, pois, realizar o exame final na mesma data e condicións que
o resto do alumnado. Os estudantes en réxime de dedicación parcial deben
contactar co profesorado da materia antes do 28 de febreiro.
En canto ao exame final
e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión
Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:

Cualificación
de non presentado.

Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación acadada. 

Condicións
de realización do exame final
.
Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. 

Avaliación
da oportunidade de xullo.
Esta debe
realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación
do primeiro ou do segundo cuadrimestre.

















Por último, no caso de que
ao estudante se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada",
e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a
avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. Esta proba será en parte ou na súa totalidade oral. A valoración desta proba
mixta representará o 100% da cualificación na acta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes