Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Contabilidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A4 B2 Durante o curso realizaranse dúas probas tipo test sen previo aviso. 20
Presentación oral A9 A10 A13 B2 B3 B4 Pedirase aos estudantes que presenten na aula un caso práctico que deberán resolver previamente e traballando en grupo. Na valoración deste caso práctico terase en conta o rigor na súa resolución, a presentación feita na aula e a resposta ás preguntas formuladas por profesorado e estudantes. 20
Proba práctica A9 A12 B2 B3 C3 Ao inicio de cada unha das sesións destinadas a discutir exercicios e casos prácticos (clase ou titoría grupal), o docente poderá presentar aos estudantes un pequeno exercicio, similar aos propostos para realizar fóra da aula, que deberá ser resolto de xeito individual no tempo marcado polo docente. Ao remate do curso, seleccionaranse aleatoriamente seis desas probas para seren avaliadas. 60
 
Observacións avaliación

A metodoloxía proposta
persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumnado para que traballe de
xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante no
proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao estudante pídeselle que:

a) Semanalmente realice os exercicios e casos prácticos propostos polo profesorado da materia. Recoméndase o traballo en equipo para discutir as posible solucións. 

b) Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do equipo docente da materia, un caso práctico de análise de estados financeiros para ser presentado na aula na data marcada polo profesorado da materia. 

c) Prepare, individualmente ou en grupo, as cuestións e exercicios
propostos polo equipo docente da materia para ser debatidos na aula e que
participe activamente nas discusións promovidas na clase, así coma naquelas que xurdan no
foro virtual. Valorarase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia
da súa preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu
punto de vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía (participación
activa na aula/foro) o estudante pode compensar con ata un punto a cualificación
total obtida nas probas escritas realizadas durante o curso, sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación (oito puntos). Deste xeito, o estudante que, por calquera razón, non realice algunha das probas escritas de avaliación continua (probas de resposta múltiple ou probas prácticas) será cualificado con un cero nesa proba, pero esa cualificación poderá ser substituída pola nota obtida coa súa participación na clase. Isto é, dos nove elementos a ter en conta (dúas probas intermedias, seis probas prácticas e participación) elixiranse os oito que presenten as maiores cualificacións. 

Avaliación da segunda oportunidade e ”avaliación adiantada”. Axustarase ao mesmo esquema previsto para a primeira oportunidade coas seguintes observacións relativas á recuperación das actividades de avaliación continua:

Probas de resposta múltiple e probas prácticas. O estudante deberá preparar os casos prácticos de todos os temas da materia que están á súa disposición en Moodle. A resolución destes casos require unha revisión detallada de toda a materia. O traballo realizado polo estudante será avaliado nunha única proba, que será en parte ou totalmente oral, a realizar na data acordada co alumnado que opte por esta vía, sempre dentro do período de exames da segunda oportunidade ou avaliación adiantada, segundo corresponda. A mencionada proba poderá versar sobre os conceptos teóricos tratados durante o curso ou calquera dos casos prácticos propostos ao alumnado, ou outros semellantes, e o estudante deberá ser capaz de explicar razoadamente a súa resposta. 

- Traballo de análise de estados financeiros. Unha vez coñecida a cualificación da primeira oportunidade, ou decidido optar pola avaliación adiantada, segundo o caso, o estudante deberá contactar co profesorado da materia á maior brevidade para que lle asigne as dúas empresas sobre ás que versará o seu traballo. A presentación oral do mesmo realizarase na data acordada entre o equipo docente da materia e os estudantes que van ser avaliados, sempre dentro do período de exames da segunda oportunidade ou avaliación adiantada, segundo corresponda. No caso da avaliación na segunda oportunidade, o estudante que realizara e presentara o traballo durante o curso poderá optar por manter a cualificación obtida nesa actividade na primeira oportunidade. 

Estudantes
en réxime de dedicación parcial.

Dadas as peculiaridades da materia, recoméndase aos estudantes aos que lles
for concedido o réxime de dedicación parcial que, de ser factible, traten de
asistir ás clases e participar nas actividades de avaliación
continua. Se isto non fose posible, estes estudantes e só estes,
poderán  ser avaliados segundo o previsto para a segunda oportunidade. Os estudantes en réxime de dedicación parcial deben
contactar co profesorado da materia antes do 28 de febreiro.

Estudantes
que por mor da Covid 19 non podan asistir a clase.
Serán avaliados do mesmo
xeito que os estudantes en réxime de dedicación parcial que non poden asistir a
clase. 

Cualificación
de non presentado.

Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación acadada. 

Condicións
de realización do exame final
.
Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. 

Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes