Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Econometría I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A13 B2 B3 B6 B8 B9 C1 C4 C5 C6 Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. Estas actividades computarán na avaliación ata un máximo de 3 puntos sobre 10. 30
Proba obxectiva A3 A4 A5 A7 A12 B2 B3 B5 C1 C6 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10. 70
 
Observacións avaliación

A cualificación de non presentado corresponde unicamente ao alumnado que
participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20 por cento da cualificación total. Para superar a materia han de obterse polo menos 5 puntos, cun mínimo de 2.5 na proba obxectiva.

O sistema de avaliación será aplicado tal e como se describe no apartado correspondente en todas e cada unha das oportunidades e a todos os alumnos, con independencia da súa situación académica. Os estudantes con dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas de avaliación, que son presenciales.

Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf). Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10. Identificación dos estudantes, e 14. Comisión de fraude
e responsabilidades disciplinarias.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes