Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Econometría I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A13 B2 B3 B6 B8 B9 C1 C4 C5 C6 Nestas clases os alumnos deberán resolver e entregar as probas, controis, problemas e cuestions que lles sean propostos, na forma que se detallará ao comenzo do curso. 60
Proba obxectiva A3 A4 A5 A7 A12 B2 B3 B5 C1 C6 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido practico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. 40
 
Observacións avaliación

A) Cualificacións primeira oportunidade (enero) e segunda oportunidade (xullo).

As actas incluirán a máis alta das seguintes cualificacións: 

A.1. Suma das puntuacións obtidas na avaliación continua (máximo 6 puntos) e na proba obxectiva (máximo 4 puntos).

A.2. Cualificación obtida na proba obxectiva puntuada sobre 10. 

En calquera caso, para aprobar a matería o alumno deberá obter polo menos 5 puntos dun total de 10.  

B) Oportunidade adiantada.

Haberá unha única proba que se valorará cun máximo de 10 puntos, e que terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía docente do curso académico vixente. Para aprobar a asignatura o alumno debe obter ao menos 5 puntos (sobre un total de 10). 

C) O sistema de avaliación será aplicado tal como se describiu a todos os alumnos con independencia da súa situación académica. Os que teñan recoñecemento de dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas.

D) Ninguha proba de avaliación poderá sustituirse por exercicios ou outras tarefas.

E) A cualificación de non presentado corresponde só a os alumnos que participen en actividades de avaliación cunha ponderación inferior ao 20 por cento do total.

F) Como é preceptivo, as probas réxense polas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario. Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).

G) As sancións derivadas das faltas disciplinarias do alumnado
rexeranse polo «Regulamento Disciplinario do Alumnado da Universidade
da Coruña
» (https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/002067/document?logicalId=d9aad75e-3125-4b95-a65b-cf90c5d2702a&documentCsv=841SMNFA1E7VEHC802N69E7U)



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes