Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Integración Económica e Economía Europea
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Integración Económica e Economía Europea Código 611G01025
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Nuñez Gamallo, Ramon Jose
Correo electrónico
ramon.nunez.gamallo@udc.es
Profesorado
Nuñez Gamallo, Ramon Jose
Correo electrónico
ramon.nunez.gamallo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia analiza o proceso de integración europea tomando como punto de partida os enfoques teóricos que permiten a análise económica destes procesos. A continuación, descríbese marco institucional coa súa perspectiva histórica e a importancia económica e política da Unión Europea no mundo. Finalmente profúndase na análise dos procesos de integración europeos e as políticas da UE, así como nas perspectivas de futuro ás que se enfronta a Unión.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Actividades iniciais. *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral será a través do Teams. - Presentación oral será a través do Teams. - Proba mixta: substituirase a proba escrita por traballos tutelados ou probas tipo test a través do Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. – Moodle: Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen dos foros necesarios para o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. As sesións semanais necesarias (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. 4. Modificacións na avaliación - Non haberá modificacións. *Observacións de avaliación: - No caso de avaliar en estado de confinamento suprímese o requisito da cualificación mínima de 4 puntos 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non haberá modificacións a excepción da aparición de novas publicacións, preferentemente de acceso electrónico que se comunicarían oportunamente ao alumnado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes