Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Econometría II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Econometría II Código 611G01027
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Lado González, Eva Mª
Correo electrónico
eva.lado@udc.es
Profesorado
Lado González, Eva Mª
Correo electrónico
eva.lado@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia é unha ampliación dos contidos da Econometría I impartida no primeiro cuadrimestre. Nela analízanse diversos temas de gran interese teórico e aplicado para a especificación e estimación de modelos econométricos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. Ao tratarse dunha materia que se vai a desenvolver no curso próximo (2020-2021) esperase poder impartir, tanto no caso de semipresencialidade como no de non presencialidade, todos ou a maioría dos contidos que están inicialmente planeados. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen. Manteranse todas as metodoloxías docentes desenvolvidas na guía: - Actividades iniciais - Sesión maxistral - Obradoiro - Prácticas a través de TIC - Proba mixta - Atención personalizada As titorías de grupo reducido (TGR) planifícanse inicialmente de forma virtual, seguindo as indicacións do Centro por causa do COVID-19 e farase o mesmo previsiblemente para as titorías individuais ou grupais. A docencia que tería lugar na aula de informática deberá realizarse de forma virtual. Con independencia da modalidade docente subiranse á plataforma Moodle numerosos materiais para facilitar a aprendizaxe tanto da parte teórica da materia como da resolución de exercicios. O correo electrónico segue sendo a canle habitual de comunicación entre os alumnos e o profesor. *Metodoloxías docentes que se modifican No caso de semipresencialidade compartirase a docencia presencial coa non presencial e no caso de non presencialidade substituirase toda a docencia presencial polas clases online; en ambos os casos utilizarase a aplicación Teams para impartir a materia en modo non presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente, segundo as necesidades do alumnado. En calquera momento pódese utilizar esta ferramenta. É de utilidade para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento da materia. - Teams: Tamén se utilizará Teams como medio de comunicación cos alumnos e para a realización das tutorías individuais ou grupais, entendendo que esta ferramenta é máis áxil que o correo electrónico polo que poderá utilizarse diariamente, segundo as necesidades do alumnado. - Moodle: Utilizarase o foro de novas de Moodle para pór en coñecemento dos alumnos todos aqueles aspectos que afecten ao normal desenvolvemento da materia, mantendo desta forma un contacto permanente con eles (aviso sobre datas de probas, instrucións de realización das actividades, cualificacións, cambio dalgunha data sinalada, titorías, etc.). 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: En canto á avaliación, tanto na modalidade de semipresencialidade como de non presencialidade, manteranse os criterios de avaliación expostos na guía docente, coa diferenza de que se eliminarán os mínimos necesarios nas probas mixtas (probas obxectivas). No caso de que a docencia se leve a cabo de maneira non presencial as probas de avaliación terán que ser realizadas a través da plataforma Moodle ou, de ser posible, a través de Teams, Forms ou calquera outra aplicación que permita a realización de probas e exames. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Os alumnos terán á súa disposición materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle. Con independencia da modalidade docente poranse a disposición dos alumnos numerosos materiais que permitan preparar os contidos teóricos e prácticos da materia, sendo Moodle a aplicación ou repositorio de todo o material dispoñible para os alumnos. Por outra banda, desde a biblioteca da Facultade de Economía e Empresa informóuse, desde o inicio do confinamento polo COVID-19, do acceso aos recursos da biblioteca, que de forma gratuíta e en formato electrónico están dispoñibles tanto para o alumnado como para o profesorado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes