Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Teoría Económica Internacional
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Teoría Económica Internacional Código 611G01029
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Mendez Naya, Jose
Correo electrónico
jose.mendez@udc.es
Profesorado
Mendez Naya, Jose
Correo electrónico
jose.mendez@udc.es
Web
Descrición xeral Análise teórica dos principais problemas de economía internacional, empezando pola presentación das teorías tradicionales do comercio internacional para, a continuación, presentar os principais modelos correspondentes as novas teorías. Na segunda parte da asignatura procederase ó análise dos efectos e implicacións das distintas políticas comerciais e macroeconómicas no contexto dunha economía aberta. Para seguir as explicacións son necesarios uns coñecementos básicos de teoría económica, tanto microeconómica coma macroeconómica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas as indicadas no apartado de metodoloxias, sempre que sexa posible: Sesión maxistral Discusión dirixida Atención personalizada.... *Metodoloxías docentes que se modifican Uso de ferramentas virtuales cando sexa necesario (Teams, Moodle, E-mail, whatsApp...) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correoelectrónico:Diariamente para resolver calquera tipo de dudas que lle xurdan ós alumnos. Moodle:Diariamente, para aclarar cuestións varias e informar de todo o relevante a materia: programa, examenes así como outros eventos. Teams: Sesión periódicas dacordo coas necesidades formativas do alumnado. WhatsApp: Sempre que os alumnos o demanden. 4. Modificacións na avaliación A nota obterase por evaluación continua nun 100% *Observacións de avaliación: 1. Cualificación de non presentado: corresponde ao alumno, cando só participa en actividades de avaliación que teñen un peso inferior ao 20% da nota final, independentemente da nota acadada. 2. Segunda oportunidade e convocatoria avanzada: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na chamada avanzada é posible recuperar os puntos da avaliación continua (resolución de problemas, probas de resposta curta, intervencións durante as sesións maxistrais) mediante preguntas adicionais para a proba obxectiva final. 3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de asistencia: Salvo as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as outras probas acordarase un calendario específico de datas ao comezo do curso compatibles coa súa dedicación. 4. Condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. 5. Identificación do alumno: O alumno deberá acreditar a súa identidade segundo a normativa vixente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes