Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Facenda Pública Española. Sistema Fiscal
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos básicos dos principais impostos e facilitar a aprendizaxe.
Estudo de casos O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos relativos aos principais impostos para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Actividades iniciais Presentación do contido e obxectivos da materia. Metodoloxía de traballo e sistemas de control e avaliación.
Actividades a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados ao programa. Con ela preténdese obter e dar información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
Solución de problemas Trataríase de resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes