Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Organización Industrial Europea
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Organización Industrial Europea Código 611G01033
Titulación
Grao en Economía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Nieto Mengotti, Manuel Vicente
Correo electrónico
m.nieto1@udc.es
Profesorado
Nieto Mengotti, Manuel Vicente
Varela Candamio, Laura
Correo electrónico
m.nieto1@udc.es
laura.varela.candamio@udc.es
Web
Descrición xeral Bases teóricas para o estudo das interaccións entre os axentes económicos en distintas situacións de contratos, organizacións e mercados mediante a microeconomía e a teoría de xogos a nivel intermedio. Tamén se recollen esquemas compatibles de incentivos e modelos de información asimétrica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Sesión maxistral (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Teams): as clases maxistrais sustitúense por videoconferencias, grabacións en Teams, YouTube ou similar. - Proba mixta (realizarase de forma virtual, preferiblemente a través de Moodle): A proba obxectiva manterase, adaptándoa á evaluación a distancia. *Metodoloxías docentes que se modifican Non se realizarán cambios 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado A atención personalizada ao alumno ou tutorías levarse a cabo por cualquera medio que permita conectar có profesor, xa sexa a través de Moodle, Teams ou correo electrónico, respetando, no posible, os horarios de tutoría. De todos os xeitos, a atención ao alumno adaptarase con flexibilidade ás suas necesidades en horario compatible coa la dispoñibilidade do profesor. – Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento da aprendizaxe colaborativa. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros” (valorarase a inclusión de foros temáticos asociados a cada módulo da materia), para formular as consultas necesarias. Tamén se poderán propoñer “foros de actividade específica” para desenvolver a “Aprendizaxe colaborativa”, a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e da aprendizaxe colaborativa na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. No seu caso, sesións semanais (segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización da “aprendizaxe colaborativa”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Non se realizarán cambios *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: Elimínase o requisito mínimo de 2 puntos sobre 4 na proba mixta (exame final) de forma que o alumnado que suspenda esta proba NON figurará en actas coa calificación obtida na mesma senón coa suma de todas as calificacións obtidas en cada unha das partes obxecto de avaliación. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: a) Asistir e participar regularmente nas actividades da aprendizaxe colaborativa. b) Obter unha puntuación total mínima do 50% do total de actividades obxecto de avaliación. d) A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios que a primeira oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. O alumnado xa dispoñe de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes