Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Organización Industrial Europea
   Contidos
Temas Subtemas
TEMA 1: INTRODUCCIÓN Á TEORÍA DE XOGOS • O problema da interdependencia entre os axentes decisorios, e a decisión de optimización condicionada.
• Xogos non cooperativos fronte a xogos cooperativos.
• Tipos de xogos non cooperativos atendendo á natureza da interacción (estática, dinámica ou repetida), como á información dispoñíbel (perfecta/imperfecta ou completa/incompleta).
• Definición formal, e representación dun xogo en forma normal ou extensiva.
TEMA 2: EQUILIBRIO DE NASH PARA XOGOS NON COOPERATIVOS • Correspondencias de mellor resposta. Estratexias dominantes.
• O Equilibrio de Nash. Existencia do equilibrio de Nash. Interpretación e eficiencia: o dilema do preso. Outros conceptos de resolución: o maximin.
• Exemplos representativos.
• Equilibrios con funcións continuas de mellor resposta.
• Oligopolios de información completa en acción: Cournot; Bertrand.
TEMA 3: XOGOS EN ETAPAS: LIDERADO E VANTAXES ESTRATÉXICAS FRONTE Á ENTRADA • Definición de xogos extensivos con información perfecta ou imperfecta.
• Equilibrio perfecto en subxogos. Indución retrospectiva e ameazas cribles. Refinamentos do equilibrio de Nash.
• Liderado en oligopolios: Stackelberg en cantidades e prezos.
• Outros modelos de liderado: reinterpretación en termos de capacidade e vantaxes estratéxicas das empresas establecidas. Barreiras e disuasión de entrada. A estratexia do prezo límite.
TEMA 4: DIFERENCIACIÓN DE PRODUTO EN XOGOS ESTÁTICOS E DINÁMICOS • Diferenciación horizontal. O modelo de Hotelling
• Diferenciación vertical.
• Publicidade e estratexias de marketing relacionadas. Paquetización de produtos e servizos.
TEMA 5: EQUILIBRIOS EN XOGOS CON INFORMACIÓN INCOMPLETA • Introdución e exemplos.
• Caracterización dun xogo Bayesiano. O equilibrio Bayesiano.
• Oligopolios de información incompleta en acción: Cournot y Bertrand.
TEMA 6: XOGOS REPETIDOS • Conceptos básicos e exemplos.
• Paradoxos nos xogos de equilibrio único con horizonte finito e certo: dilema dos presos e cadeas de almacenaxe.
• Xogos con horizonte infinito ou incerto: estratexias de gatillo e de represalia.
• Múltiples equilibrios e Teorema Folk.
TEMA 7: CÁRTELES E COLUSIÓN EN OLIGOPOLIOS • Colusión en oligopolios: solucións en cantidades e en prezos, e equilibrios perfectos de Pareto.
• Mecanismos de información e colusión entre oligopolistas: discusión da estabilidade.
• Diferentes estratexias de penalización e de credibilidade.
• Dos cárteles e das posibilidades da política antimonopolio.
TEMA 8: MONOPOLIO E EFICIENCIA ECONÓMICA: DESENCADEANTES DA INTERVENCIÓN • Regulación do monopolio: a regulación flexible na UE. A nova ferramenta da competencia (NCT) na UE. Teorías subxacentes do dano.
• Activadores da intervención. Casuísticas e indicadores.
TEMA 9: ECONOMÍAS DE REDE E PLATAFORMAS DIXITAIS • Redes e plataformas. Efectos de escala e de rede.
• Competencia monopolística nas economías de plataforma.
• Mulithoming vs Singlehoming.
TEMA 10: PROPIEDADE INTELECTUAL • Dereitos de autor. Patentes.
• Marcas comerciais.
• Propiedade intelectual: carácter internacional.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes