Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Marketing
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas A6 A7 Lecturas, e/ou traballos prácticos sustentados en análises bibliográficas, actividades complementarias e presentación oral (40%)

As lecturas deberán ser analizadas polo alumnado en grupo para a súa posterior exposición.

Todos os grupos deberán enviar aos profesores, en formato pdf, as lecturas e traballos da Actividades Complementarias analizadas e previamente a exposición.
40
Proba de resposta múltiple B1 Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións). A proba de resposta múltiple establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se lograse unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota e a materia considerarase como non superada.
A asistencia a clase outorgará un plus de 0,5 puntos sobre a calificación da proba de resposta multiple, sempre que a calificación desta sexa dun mínimo de 4,5 puntos sobre 10, e sempre e cando en dita asistencia non se superen nin duas ausencias en clases teóricas nin tampouco se superen duas ausencias en clases prácticas.
No caso de non ser superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito exame test e ponderado ao 60%.

60
 
Observacións avaliación


No  desenvolvemento da parte práctica valorarase: 
ØA aplicación dos fundamentos teóricos. 
ØA calidade da presentación. 
ØA precisión, claridade da exposición e calidade das respostas. 
ØAs fontes primarias e secundarias empregadas. 
ØA revisión bibliográfica.





Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes