Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Marketing
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A6 A7 A10 A11 C1 C4 C5 Traballos prácticos relacionados con lecturas, casos práticos sustentados en análises bibliográficas, e presentacións orais.

Estes traballos deberán ser realizados polo alumnado en grupo para a súa posterior exposición. Todos os grupos deberán enviar aos profesores en formato pdf, previamente á exposición, o desenvolovemento dos traballos tutelados analizados.

Neste bloque establécese un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na proba de resposta múltiple, se non se lograse unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 neste bloque a materia considerarase como Non Superada e a calificación final que figurará na acta será a acadada neste bloque.
50
Proba de resposta múltiple B1 Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións).

A proba de resposta múltiple establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se lograse unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple a materia considerarase como Non Superada.

No caso de non ter superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a acadada neste bloque

50
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información.

2. Identificación do alumno: o alumno deberá acreditar a súa personalidade segundo a normativa vixente.

B) TIPOS DE VALORACIÓN:

1. Nota de non presentación: corresponde ao alumno, cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a nota final, independentemente da nota acadada.

2. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia: os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os estudantes a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación indicados anteriormente nesta sección.

2. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. 

3. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua (solución de problemas, probas de resposta breve, intervencións  durante as sesións maxistrais) mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final. 


D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

No caso de non acadar 5 en ningunha das partes, a nota final que aparecerá na acta será a media de ambos bloques

No desenvolvemento da parte práctica avaliarase o seguinte:

Ø A aplicación dos fundamentos teóricos.

Ø A orixinalidade das obras. Utilizarase o programa de detección de plaxios de Turnitin e o documento non pode superar o 25% de coincidencia.

Ø A calidade da presentación.

Ø Precisión, claridade da presentación e calidade das respostas.

Ø As fontes primarias e secundarias empregadas na Revisión Bibliográfica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes