Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Finanzas Internacionais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A9 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 Resolución de problemas prácticos que esixe a aplicación dos coñecementos que previamente se traballaron na aula. Realizaranse dúas probas avaliables ao longo do curso. 40
Proba mixta A4 A12 C6 Consistirá nunha única proba escrita que permita avaliar o nivel de coñecemento do alumno sobre os contidos do programa desenvolvidos na aula e tamén da súa aplicación.

Esta proba poderá incluír preguntas tipo test.


10
Estudo de casos A9 A11 A12 B2 B1 B3 B4 B5 B6 Formulación dunha actividade específica que requira traballo de ánalise e estudo aplicado polo alumno baseándose no desenvolvido ao longo do curso. Realizarase unha proba avaliable ao longo do curso. 50
 
Observacións avaliación

Nas actividades de carácter teórico que esixan un desenvolvemento
por escrito, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, a linguaxe
empregada, a capacidade de análise e o grao de síntese. Na parte práctica
valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados
na parte teórica para resolver casos e problemas prácticos.

Coa realización das probas avaliables que se desenvolverán durante
o curso, o alumno pode alcanzar o 100 % da cualificación final (10 puntos).

Para superar a materia requírese unha cualificación final mínima
de cinco puntos (computada a suma da avaliación das diferentes
metodoloxías). 

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia,
solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

Cualificación de non presentado: Obterán a cualificación de non
presentado aqueles alumnos que non participasen na avaliación continua de
actividades realizada ao longo do curso en porcentaxe superior ao 20 %.

A avaliación da convocatoria de segunda oportunidade realizarase
cos mesmos criterios, e o mesmo aplicárase no caso de convocatorias adiantadas,
adaptándose ao calendario oficial establecido pola facultade. En todo caso,
poderáse acadar o 100% da cualificación.

A avaliación da convocatoria adiantada: poñerse en contacto co profesor da materia ao inicio do cuadrimestre.

Para os alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa de
asistencia, agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete a
probas obxectivas, para as restantes actividades avaliables acordarase, de ser
necesario, ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa
súa dedicación.















Está prohibido o acceso á sala de exames con calquera
dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de
información. O alumno deberá demostrar a súa personalidade, cando se lle
requira, de acordo coa normativa vixente. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes