Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Historia Económica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Historia Económica Código 611G02002
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Martinez Lopez, Alberto
Correo electrónico
alberte.martinez@udc.es
Profesorado
Maixe Altes, Joan Carles
Martinez Lopez, Alberto
Miras Araujo, Jesus
Correo electrónico
carlos.maixe@udc.es
alberte.martinez@udc.es
jesus.miras@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende dous obxectivos primordiais. Por un lado, coñecer as transformacións económicas que conduciron ao mundo contemporáneo á situación actual. Partindo da preponderancia europea e occidental na economía mundial, buscamos as bases dese liderado, sen facer táboa rasa do resto do mundo. Por outro lado, analizar a evolución económica de España no longo prazo, tomando como punto de inicio as condicións determinadas pola crise do Antigo Réxime, para despois determinar o marco xeral do crecemento económico español contemporáneo. Desenvolvemos o temario baixo unha dobre perspectiva, cronolóxica e espacial. Para elo, analízase o impacto da expansión europea no resto do mundo durante os séculos modernos, na que España tivo un rol sobresaínte, aínda que con importantes contrastes, sobre todo de carácter rexional; as consecuencias da industrialización europea na economía internacional no século XIX, incluído o insuficiente impacto sobre a modernización da economía española; e, finalmente, as tensións dun século de globalización, o XX, que para España significou unha loita –non sempre exitosa– por achegarse aos ritmos socioeconómicos europeos. Así mesmo, pese ao contido xeneralista da materia, prestarase especial atención á análise da evolución da empresa nos dous últimos séculos, e ao estudo das relacións entre a empresa e o crecemento económico.
Plan de continxencia
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes