Guia docenteCurso
Facultad de Economía y Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Historia Económica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Integran as seguintes actividades:

- Técnicas de procura de información sobre Economía e Empresa e Ciencias Sociais en xeral. Utilizarase como ferramenta, entre outras, o "Buscador de Economía e Empresa da Facultade de Economía e Empresa da UDC''.

- Técnicas de comentarios de textos.

- Técnicas de análise de material gráfico e estatístico.
Sesión maxistral Nestas sesións o profesor impartirá as pautas chave da materia que o alumno debe coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso.
Lecturas Análise e discusión de lecturas obrigatorias, complemento das clases maxistrais. Realizarase, preferentemente, no tempo dedicado a titoría de subgrupo de 15 alumnos.
Estudo de casos Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo, así como determinadas lecturas.
Seminario Complemento das lecturas, estudos de caso e prácticas (materiais cuantitativos e cualitativos discutidos en clase).
Análise de fontes documentais Inclúen as prácticas con material cuantitativo e cualitativo, así como determinadas lecturas.
Proba obxectiva Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes