Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Socioloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A5 A7 A12 B1 B2 B3 B4 C1 Requirirase a realización dun exame final tipo proba obxectiva de acordo aos contidos do programa. Convén recordar que aínda que o alumno/a supere esta proba non é requisito abondo para aprobar a materia, xa que é imprescindible ter realizado a parte práctica que se explica a continuación. 50
Obradoiro A4 A9 C8 As prácticas realizaranse sobre os temas propostos no programa. 50
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia sera necesario:

1.- Aprobar o exame final sobre os temas propostos. É necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 no exame para aprobar a materia. Este exame supón o 50% da cualificación, se ben (independentemente da cualificación obtida), non é suficiente para aprobar a materia. Ademais, obrigatoriamente, terá que:

2.- Entregar todas as prácticas propostas puntualmente. Cada práctica valorarase do 1 ao 10. A nota final das prácticas será a media aritmética de todas elas. Cada práctica non entregada cualificarase cun cero, computando como tal no cálculo da media. En caso de falta debidamente xustificada, o profesor comunicará ao alumno oportunamente en clase a solución proposta.

3. -Valorarase a participación en clase e a exposición en público das prácticas e outros exercicios propostos.

No caso de que o alumno/a aprobase a parte práctica e non superase a proba obxectiva, examinarase na segunda oportunidade da convocatoria da proba obxectiva, mantendo en consecuencia a nota da parte práctica. Na convocatoria adiantada se manterá os criterios de avaliacion da segunda oportunidade.

Quen non superase a parte práctica deberá realizar algunha proba a maiores na segunda oportunidade para poder superar a asignatura.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes