Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Análise das Operacións Financeiras
   Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Seminario
Proba de resposta breve
Sesión maxistral
Descrición
1. Na sesión maxistral, o alumnado pode intervir, despois de pedir a palabra, para preguntar, aclarar ou presentar o seu punto de vista sobre o tema que se está a debater no momento da súa intervención.
2. Na solución de problemas e nos seminarios o alumnado pode intervir tal e como se expón na sección de metodoloxías.
3. Nos horarios de titoría fixados por cada docente, o alumnado será atendido, previa solicitude de cita e cos límites establecidos pola normativa de dedicación docente da facultade da UDC para aclarar aquelas dúbidas que xurdan para a preparación da materia.
4. Sen mencionar a persoa que evacuou a consulta, esta pode publicarse en Moodle, xunto coa súa resposta, para que outro/as estudantes poidan aproveitalo. Todo isto se o profesor ou a profesora o considera adecuado e de interese xeral.
5. O estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia, acordarán ao comezo do curso un calendario específico de titorías compatibles coa súa dedicación. Para iso, debes contactar co profesor ou profesora durante os dez primeiros días do cuatrimestre no que se imparte a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes