Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Análise das Operacións Financeiras
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A6 A8 1. Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.

2. Supón o 55% da avaliación final.

3. Consiste nun exame seguindo os criterios expostos en metodoloxías.

4. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo.
55
Proba de resposta breve A8 B4 B5 B6 1. Tres probas ao longo do curso.

2. Cada unha delas supón o 15% da avaliación final, o que no seu conxunto supón o 45% desta.

3. Consisten nun exame seguindo os criterios expostos en metodoloxías
45
 
Observacións avaliación

Os criterios
de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación.
Quere iso dicir que: 1) en ambas as probas de avaliación teranse en conta as
cualificacións obtidas nas probas de resposta breve, que supoñen, en conxunto,
o 45% da cualificación final; 2) o exame correspondente á proba mixta, en ambas
as oportunidades de avaliación, se cualifica sobre 5,5 puntos (o 55% da
avaliación final). A avaliación do alumnado que ten dedicación a tempo parcial
recoñecida ou exención parcial de asistencia a clase rexerase polos mesmos
criterios aplicados ao resto do alumnado. Na convocatoria adiantada, e só neste
caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e
contidos propios da materia.Os criterios de puntuación de cada unha das probas
daranse a coñecer no momento da proba e forneceranse xunto co enunciado
desta.As probas non realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude
supoñen a cualificación de cero puntos na avaliación final.A cualificación de
"non presentado" corresponde ao alumno que non participase en
ningunha proba de avaliación ou o fixese NUNHA SOA das probas de resposta
breve. Os únicos utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba
son os básicos para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de
borrar e calculadora electrónica non programable. Está expresamente prohibido o
acceso ao recinto do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outros
dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información;
b) apuntamentos, anotacións, libros ou material similar que non fose autorizado
expresamente na convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A
non observancia desta norma supón o que se considere como realizada a proba en
fraude e iso con independencia de que quen teña no recinto da proba tales
dispositivos ou material sinalado utilizáseos ou non no curso desta. O alumno
ha de acreditar á súa personalidade de acordo á normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes