Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Principios de Macroeconomía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A6 A7 B3 B4 B5 B9 B10 C1 C4 O profesor propoñerá ós alumnos actividades que se deben desenvolver ó longo do curso. O profesor utilizará aquelas actividades, como solución de problemas e exposición de resultados, realización de exercicios sobre os contidos, e realización de traballos, que estime máis axeitada para o seguimento do curso. Se valorará a resolución e a exposición dos problemas ou traballos na clase, de forma individual ou en conxunto e mailas solucións dadas ós exercicios propostos. A calificación máxima destas actividades é de 6 puntos. Estas actividades poderanse avaliar tamén a través de cuestionarios que se presentarán periodicamente ós alumnos. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con respostas múltiples, sendo correcta unha delas. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas. Os fallos restarán puntuación. O número de cuestionarios ou test no cuadrimestre será de tres. As cualificacións que se obteñan nestos cuestionarios se incluen no 60% reservado a actividade da clase. Para os alumnos que teñan dispensa académica de exención de asistencia ás clases estos cuestionarios poderanse realizar en datas e horarios diferentes dos establecidos para o resto dos alumnos. As puntuacións que se houberan acadado (máximo 6 puntos) non terán en ningún caso carácter liberatorio dos contidos do programa. 60
Proba obxectiva A7 A8 A10 A11 Esta proba se celebrará nas datas establecidas pola Xunta de Facultade, correspondentes ós exámenes finais, tanto na primeira oportunidade coma na segunda, coma na oportunidade adiantada de decembro. A nota máxima desta proba será de 4 puntos. Para superar a proba obxectiva o alumno debe acadar como mínimo 2 puntos no examen. O alumno se considerará aprobado na asignatura sempre que a súa nota total, suma da proba obxectiva (sempre que nela se obtiveran polo menos 2 puntos) e dos problemas ou actividades de clase propostas, sexa de 5 ou máis puntos. Esta proba poderá consistir nunha batería de test con respostas múltiples, sendo correcta unha delas. Algúns dos test poderán consistir na obtención de resultados de problemas. Os fallos restarán puntuación. A linguaxe literaria, gráfica e matemática resulta útil para valorar de maneira axeitada os coñecementos adquiridos. Por esta razón, tamén poderá consistir a proba obxectiva en preguntas de desenvolvemento do programa e/ou da realización de problemas. Neste caso, a calificación será tamén dun máximo de 4 puntos, sendo necesario acadar un mínimo de 2 puntos para poderse sumar á puntuación obtida no apartado de actividades. 40
 
Observacións avaliación

A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1. Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 

2. Identificación do estudantado: O estudantado acreditará a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

 
B) TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

 
1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da calificación acadada. 

2. Estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: O estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia ás aulas, serán avaliados cos mesmos criterios que o alumnado a tempo completo.

C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. Primeira oportunidade: Aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados no paso 7. Avaliación.

 
2. Segunda oportunidade: atendendo ao artigo 18, apartado 5, das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Calificacións dos Estudos de Grado e Mestrado, a segunda oportunidade debeá garantir a posibilidade de superación da materia polo estudantado, polo que compre modificar as porcentaxes de cualificación respecto da primeira oportunidade. Polo tanto a solución de problemas, pasaría a supoñer un 30% da cualificación e a proba obxectiva un 70%. Na segunda oportunidade conservaranse polo alumnado as calificacións acadadas na avaliación continua (cunha ponderación de un 30%), pero non a acadada na proba obxectiva.

 
3. Convocatoria adiantada: As condicións de avaliación da oportunidade adiamantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grado e Mestrado Universitario) serán especificas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba que representará o 100% da calificación final.

 
D) OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

1.-Sobre mínimos nos criterios de avaliación

Non se require unha calificación mínima na parte da avaliación continua. Para a proba obxectiva é necesario obter un 50% da calificación posible para poder superar a materia. Este requisito aplícarase tanto á primeira como á segunda oportunidade. No conxunto das dúas partes o alumno deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos para superar a materia, pero sempre que na proba obxectiva acade un mínimo do 50% da puntuación da proba.

2.- Posibilidade de superación da asignatura antes da proba obxectiva da primeira oportunidade: Ao comezo do curso especificarase si existe a posibilidade de superar a asignatura antes do examen final da primeira oportunidade. Neste caso, será necesario obter unha cualificación media igual o superior a 5 nas tres probas de avaliación continua realizadas durante o curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes