Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Estatística I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A6 A10 A11 A12 B2 B3 B5 B6 B10 C1 C4 C5 C6 Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. 30
Proba obxectiva A4 A6 A12 B2 B3 B5 B7 C1 C6 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico. 70
 
Observacións avaliación
A) Todas as probas de avaliación son presenciais e non se poden sustituir con exercicios ou traballos. Para a súa realización, non se aceptarán cambios de grupo, agás aqueles outorgados oficialmente pola Facultade, que deben estar debidamente xustificados.
B) Oportunidades de Xuño e Xullo.
Para superar a materia será necesario obter polo menos 5 puntos na suma das cualificacións correspondentes ás probas de avaliación continua e ao exame final.
O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe no apartado anterior, en ambas as oportunidades a todos os alumnos, independentemente da súa situación académica.
Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de finalización das probas de avaliación.
A nota non presentada correspóndese só cos estudantes que participan en actividades de avaliación que teñen un peso inferior ao 20 por cento da nota total.
C) Oportunidade adiantada.A avaliación correspondente á oportunidade adiantada desenvolverase a través dunha única proba que se valorará cun máximo de 10 puntos, e que terá como base o temario completo que se describe no apartado "Contidos" da guía do curso académico vixente. Para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 puntos nesta proba. Estas condicións de avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só aplicaranse neste suposto.
D) Oportunidades de Xuño, Xullo e adiantada.
Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e master universitario da UDC (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf).

Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10. Identificación dos estudantes, e 14. Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes