Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Estatística I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Estatística I Código 611G02006
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Sanchez Sellero, Maria del Carmen
Correo electrónico
c.sanchez@udc.es
Profesorado
Garcia-Carro Peña, Beatriz
Lado González, Eva Mª
Sanchez Sellero, Maria del Carmen
Correo electrónico
beatriz.garcia-carro@udc.es
eva.lado@udc.es
c.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral Na primeira parte da materia deberase coñecer e comprender os conceptos fundamentais da Estatística Descritiva, Series Temporais e Números Indices. Na segunda parte, o obxectivo é coñecer e comprender os conceptos fundamentais do Cálculo de Probabilidades.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios Agardamos poder impartir, tanto no caso de semipresencialidade como de non presencialidade, todos ou a maioría dos contidos que están inicialmente planeados. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As metodoloxías docentes desenvolvidas na guía mantéñense: - Actividades iniciais - Sesión maxistral - Obradoiro - Prácticas a través de TIC (inicialmente planificadas virtuais) - Proba obxectiva - Atención personalizada (inicialmente planificada virtual) As titorías de grupo reducido (TGR) xa se planifican inicialmente de forma virtual, seguindo as indicacións do Centro por causa do Covid19 e o mesmo previsiblemente para as titorías individuais ou grupais. A docencia que tería lugar na aula de informática deberá realizarse de forma virtual. *Metodoloxías docentes que se modifican No caso de semipresencialidade compartirase a docencia presencial coa non presencial e no caso de non presencialidade substituirase toda a docencia presencial polas clases online; en ambos os casos utilizarase a aplicación Teams para impartir a materia en modo non presencial. En todo caso (tanto nun escenario de presencialidade como de non presencialidade) subiranse á plataforma Moodle numerosos materiais para facilitar a aprendizaxe tanto da parte teórica da materia como da resolución de exercicios. Utilizarase o foro de Moodle e Teams para pór en coñecemento dos alumnos todos aqueles aspectos que afecten ao normal desenvolvemento da materia, mantendo desta forma un contacto permanente con eles (aviso sobre datas de probas, instrucións de realización das actividades, cualificacións, cambio dalgunha data sinalada, titorías, etc.). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: En calquera momento pódese utilizar esta ferramenta. É de utilidade para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento da materia. - Teams: Tamén se utilizará Teams como medio de comunicación cos alumnos, e para a realización das titorías individuais ou grupais, entendendo que esta ferramenta é máis áxil que o correo electrónico. - Moodle: Emprego das ferramentas de comunicación que posúe Moodle. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: En canto á avaliación, tanto se se imparte a materia na modalidade de semipresencialidade como de non presencialidade, manteranse os criterios de avaliación expostos na guía docente, coa diferenza de que se eliminarán os mínimos necesarios nas probas obxectivas (correspondentes aos 2 bloques da materia) establecidos en 3 puntos. As probas se levarían a cabo de forma non presencial a través das pertinentes plataformas virtuais. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Xa dispoñen dos materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle. En calquera caso poranse a disposición dos alumnos numerosos materiais que permitan preparar os contidos teóricos e prácticos da materia, sendo Moodle a aplicación e repositorio de todo o material dispoñible para os alumnos. Desde a biblioteca da Facultade de Economía e Empresa informouse, desde o inicio do confinamento polo Covid19, do acceso a moitos libros da biblioteca, que de forma gratuíta e en formato electrónico están dispoñibles tanto para o alumnado como para o profesorado. De ser posible, facilitarase o acceso libre á bibliografía indicada na guía e a outros materiais adicionais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes