Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Dirección e Organización
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A4 B1 B2 B3 B6 C4 Análise de casos presentados en clase. 10
Análise de fontes documentais A6 A8 A9 Uso de fontes de información axeitadas. Cada grupo deberá expoñer en clase un concepto ou epígrafe non visto con anterioridade. 10
Traballos tutelados A1 A2 A5 A10 B4 C1 C8 Traballos en grupo sobre casos de empresas reais. Os alumnos deberán cumprir co calendario de titorías preestablecer 20
Proba obxectiva C6 examen tipo test 60
 
Observacións avaliación

Considérase que un alumno está
dentro da avaliación continua e, polo tanto, se lle aplicará o esquema
de avaliación anterior, se realizou máis dun 20% dos traballos e casos
prácticos encargados. Polo tanto, este alumno se non alcanza o cinco,
estará "suspenso" nas actas da materia aínda que non se presente ao
exame. Este sistema de avaliación mantense tanto para a primeira
oportunidade coma para xullo e para a convocatoria adiantada de
decembro. Tanto o estudo de casos, análise de fontes documentais e os
traballos tutelados realízanse ao longo do curso e non é posible a súa
realización fóra do período lectivo dado que se realizan dentro da aula.
Tanto aos alumnos a tempo parcial como a tempo completo se lles
aplicará o mesmo sistema de avaliación. Para o cálculo da nota media
final, será preciso obter unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos
no exame (non se calculará a nota media dos alumnos que obteñan unha
nota menor que esta no exame). Para superar a materia, a nota media
ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo
que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de
información. Así mesmo, recórdase que calquera alumno sorprendido
realizando o exame mediante calquera procedemento fraudulento se lle
asignará unha nota de cero no exame (tanto na primeira oportunidade como en x
ullo)

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes