Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Matemáticas I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Matemáticas I Código 611G02009
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Blanco Louro, Amalia
Correo electrónico
amalia.blanco.louro@udc.es
Profesorado
Blanco Louro, Amalia
López Salas, José Germán
Pereira Saez, Maria Jose
Rey Miguez, Fernando
Correo electrónico
amalia.blanco.louro@udc.es
jose.lsalas@udc.es
maria.jose.pereira@udc.es
fernando.rey.miguez@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral O obxectivo de esta materia é a introdución do estudantado nos fundamentos do cálculo diferencial e integral dunha variábel e a álxebra linear que serán precisos para a aprendizaxe do resto de materias do grao e para o seu futuro profesional. O/A estudante deberá comprender os conceptos básicos presentados e os resultados que os relacionan e aplicar de xeito correcto e con rigor estes coñecementos para a resolución práctica de problemas. Farase unha énfase especial na aplicación dos contidos do curso a problemas de contido económico e á interpretación dos resultados obtidos. Ademais, preténdese axudar ao estudantado a desenvolver competencias xenéricas como a capacidade de análise e síntese, capacidade de razoamento lóxico, capacidade de resolución de problemas, espírito crítico, aprendizaxe autónomo, ou a habilidade para pescudar e utilizar información derivada de diferentes fontes. Tamén tentarase familiarizar ao estudantado no manexo de ferramentas informáticas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá modificación de contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas as non presenciais (seminarios, lecturas). *Metodoloxías docentes que se modifican Aulas. As sesións de aula (maxistral e solución de problemas) e as probas de resposta múltiple realízanse mediante ferramentas telemáticas (Plataforma TEAMS, Moodle,…). As sesións de Aula virtuais serán grabadas e estarán disponíbeis en Microsoft Stream para cada grupo da materia . (No caso de semipresencialidade buscarase una solución mixta, segundo o que se estableza). As probas mixtas de avaliación final serán presenciais sempre que as condicións sanitarias e a normativa o permitan. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teams: En horario de titorías de cada docente ou previa petición. E-mail: En función da demanda do alumnado Moodle: Avisos a través de Foros. Teléfono: Dispoñíbel para consultas telefónicas. 4. Modificacións na avaliación Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que os exames realizaranse de xeito telemático se as condicións non permiten a realización presencial. Neste caso a proba mixta poderá incluír una parte de test (proba de resposta múltiple). Durante as probas o estudantado non poderá manter contacto con outras persoas e se poderá solicitar que active a súa cámara (o a do seu móbil) e se identifique mediante o seu DNI ou equivalente. *Observacións de avaliación:--------------------- 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Bibliografía básica: K. Sydsæter, P. J. Hammond y P. Carvajal (2012). Matemáticas para el análisis económico. Madrid, Pearson. Accesíbel como libro electrónico a través da web da biblioteca. https://www.udc.es/es/biblioteca.economia/ Recursos de matemáticos en internet: 1º Proyecto Descartes: Repaso de coñecementos previos. http://recursostic.educacion.es/descartes/web/ 2º WolframAlpha:Engine for computing answers and getting knowledge. http://www.wolframalpha.com/ 3 º Symbolab: Calculadora de resolución de problemas. https://es.symbolab.com 4º Las matemáticas: Canle de vídeos de matemáticas de YouTube. https://www.youtube.com/channel/UCtkmpuSfYi9R8Xeq9OrO6GA
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes