Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Matemáticas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A6 A9 C8 A súa ponderación na avaliación final é do 10%.
Computarase só se a asistencia ás sesións maxistrais, seminarios e as aulas de solución de problemas é de polo menos 2/3 do total de horas. O alumno que alcanzase a asistencia nalgún curso anterior ao 2019-2020, poderá solicitar que se lle recoñeza para o curso actual.
10
Proba de resposta múltiple A4 A súa ponderación na avaliación final é do 30%. Poderán ser substituídas por probas escritas. 30
Proba mixta B2 B3 B4 A súa ponderación na avaliación final será do 60% 60
 
Observacións avaliación

Cualificación de Non presentado: Otorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames no se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior  e/ou o almacenamento de información. Poderá ser denegada a entrada a sala de aula con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo de lo contrario, tampoco está permitido el uso de calculadoras durante la realización de los exámenes.

Convocatoria adiantada de decembro: Realizarase un exame que valerá dez puntos.

Para a segunda oportunidade, os criterios de avaliación serán os mesmos que en primeira.

Os alumnos que teñan recoñecida a dedicación a tempo parcial, seguirán o mesmo sistema de avaliación que os que están a tempo completo.

Plataforma virtual: Para seguir a materia será preciso utilizar a plataforma do departamento Moebius http://moebius.udc.es. Para isto a cada estudante facilitaráselle un nome de usuario e un contrasinal persoal ao inicio do curso. A información precisa para acceder á plataforma virtual con estas credenciais está en: http://moebius.udc.es. Na devandita plataforma virtual estarán dispoñíbeis todos os materiais da materia: resumos dos temas, diapositivas das presentacións, exercicios, cualificacións das probas de avaliación,etc. Ademais, o estudantado deberá empregar esta plataforma para descargar os boletíns de exercicios persoais que deberán resolver e entregar antes das datas previstas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes