Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Matemáticas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A6 A9 C8 A súa ponderación total na cualificación final é do 10%.
Os docentes poderán solicitar do alumno a defensa de todos ou algún dos traballos presentados. A defensa non satisfactoria ou a non presentación á defensa poderá supor un cero no traballo.
10
Proba de resposta múltiple A4 A súa ponderación total na cualificación final é do 30%.

Haberá, ao longo do cuadrimestre, un máximo de 3 probas.
30
Proba mixta B2 B3 B4 A súa ponderación na cualificación final da materia é do 60%.

Proba de resolución de exercicios e problemas. Poderá ter tamén preguntas teóricas.
Realizarase na data marcada polo centro para a avaliación final da materia.

O estudante deberá amosar ademais do coñecementos dos contidos da materia e a súa aplicación, a capacidade de razoamento e de expresión en linguaxe matemática.
60
 
Observacións avaliación

Cualificación de Non presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá usarse esta conexión co exterior e/ou o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante la realización das probas presenciais.

Convocatoria adiantada de decembro: Realizarase un exame que valerá dez puntos.

Para a segunda oportunidade: 

-      manterase
a nota de avaliación continua (traballos tutelados e proba de resposta
múltiple).

- Farase unha proba
mixta presencial (na data aprobada polo centro) de características análogas ás
da primeira oportunidade que suporá o 60% restante da cualificación da
oportunidade.

O alumnado teña recoñecida a dedicación a tempo parcial ou con exención de asistencia seguirán o mesmo
sistema de avaliación que os que están a tempo completo.

Plataforma
virtual: Para seguir a materia e obter todos os materiais básicos dela, usarase o
campus virtual da UDC (moodle). Así mesmo, se o profesorado o considera
apropiado, poderá usarse a  plataforma do
departamento Moebius http://moebius.udc.es .
Neste  caso facilitaráselle a cada
estudante  un nome de usuario e un contrasinal persoal, xunto coa  información precisa para acceder a esta plataforma
virtual.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes