Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Matemáticas II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Matemáticas II Código 611G02010
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Seijas Macias, Jose Antonio
Correo electrónico
antonio.smacias@udc.es
Profesorado
Blanco Louro, Amalia
Lema Fernández, Carmen Socorro
Seijas Macias, Jose Antonio
Correo electrónico
amalia.blanco.louro@udc.es
carmen.lemaf@udc.es
antonio.smacias@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral O obxectivo deste curso é presentar aos alumnos os conceptos básicos do cálculo diferencial en varias variables e a programación matemática, que serán necesarios para a aprendizaxe doutras disciplinas do grao e para a súa carreira futura. O estudante deberá entender os conceptos básicos presentados e os resultados que os relacionan, e aplicar ese coñecemento de forma adecuada e rigorosa para resolver problemas prácticos. Farase unha énfase especial na aplicación dos contidos do curso a problemas de natureza económica e á interpretación dos resultados obtidos. Tamén se pretende axudar os alumnos a desenvolver habilidades xenéricas, como a capacidade de análise e síntese, a capacidade de razoamento lóxico, a capacidade de resolución de problemas, o pensamento crítico, a aprendizaxe independente, ou a capacidade de recuperar e utilizar información de varias fontes.
Plan de continxencia 1. Modificacións no contidos Escenario Semipresencial: Mantéñense os mesmos contidos. Escenario Virtual: Elimínase o Tema 8: Programación Linear. 2. Metodoloxías Escenario Semipresencial: As metodoloxías realizaranse parcialmente de forma virtual e parcialmente de forma presencial. As sesións de Aula estarán gravadas nos correspondeste grupos de Microsoft Teams. Escenario Virtual: Todas as metodoloxías realizaranse de forma virtual, utilizando a aplicación Microsoft Teams. As sesións de Aula estarán gravadas nos correspondeste grupos de Microsoft Teams. En Moodle, unha sesión de aula tambén estará disponíbel a todos os grupos da materia. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Os mecanismos de atención personalizada ao alumno son sempre de forma virtual. Para iso utilizaranse as ferramentas disponíbeis: Microsoft Teams, E-mail, Moodle, ou Atención Telefónica. 4. Modificacións na avaliación Escenario Semipresencial: Igual que escenario Presencial. Escenario Virtual: Todas as probas previstas serán realizadas de forma telemática (se non fose posible a súa realización de forma presencial). Na proba obxectiva poderase mudar o seu formato para adaptar a mesma a súa realización virtual. *Observacións de avaliación: No escenario virtual a proba final podería ter unha parte avaliada mediante unha proba de resposta múltiple. Podera-pedirse ao estudantado que faga unha defensa da proba escrita realizada. A non defensa da proba ou unha defensa non satisfatoria suporá unha puntuación de cero na proba. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. A bibliografía básica está accesible como libro electrónico a través da biblioteca. Todos os materiais da materia estarán disponíbeis en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes