O estudo da economía mundial debe basearse na localización dos elementos esenciais que definen e identifican a realidade socio-económico que vai ser estudada. A economía internacional é concibida como un sistema interdependente no que o principal dinamismo xorde do centro capitalista, aínda que os seus efectos se espallan velozmente, hoxe en día, a todos os países do mundo. Xa que logo, débese comezar identificando as características estruturais do capitalismo, definindo, primeiro, as relacións económicas internacionais para, de seguida, conceptualizar a evolución desas relacións.
Unha vez dado ese paso e debido a que a realidade económica en estudo consta dunha chea de feitos, obxectos e relacións, é preciso un criterio previo de selección. Por tanto, a análise comeza coas economías capitalistas desenvolvidas, céntrase logo na periferia do sistema e, ao cabo, esténdese ao ámbito das relacións económicas internacionais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral será a través do Teams.
- Presentación oral será a través do Teams.
- Proba mixta: substituirase a proba escrita por traballos tutelados ou probas tipo test a través do Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen dos foros necesarios para o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
As sesións semanais necesarias (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”.
4. Modificacións na avaliación
- Non haberá modificacións.
*Observacións de avaliación:
- No caso de avaliar en estado de confinamento suprímese o requisito da cualificación mínima de 4 puntos
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non haberá modificacións a excepción da aparición de novas publicacións, preferentemente de acceso electrónico que se comunicarían oportunamente ao alumnado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías