Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Economía Mundial e Española
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Principios de Macroeconomía/611G02005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
É importante a lectura da prensa e mais de revistas económicas. Hanse poñer a disposición do estudante diversos materiais tanto na fotocopiadora como no Moodle da materia.

Por outra banda,
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
b. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais.

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes