Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Microeconomía. Mercados e Competencia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A7 A8 A11 B1 B9 C6 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas formuladas nas sesións interactivas. Poderanse realizar probas escritas. 10
Discusión dirixida A12 B2 B4 B10 C1 C4 C6 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas formuladas nas sesións interactivas. Poderanse realizar probas escritas. 10
Estudo de casos A4 A11 B2 B6 B8 B9 C5 Valoraranse as solucións propostas polos alumnos á resolución dos casos formulados. Poderanse realizar probas escritas. 10
Proba obxectiva A6 A8 A11 B3 B5 C1 Ademais das probas finais realizaranse probas parciais durante o curso que computarán para o cálculo da cualificación final. 70
 
Observacións avaliación

A asistencia ás clases é imprescindible para a valoración de casos, discusións, solución de problemas e para a realización das probas parciais. Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación de 5 sobre 10. Nas probas finais deberase obter polo menos 3 puntos dos 7 máximos, que deberán completarse ata chegar ao 5 coa puntuación acumulada durante o curso, ou obterse directamente na propia proba. As condicións de evaluación para a segunda oportunidade serán as mesmas que para a primeira.

Na proba da convocatoria adiantada, se fora o caso, o alumno deberá obter una cualificación de 5 sobre 10. Este mismo criterio seguirase para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia conforme o establecido na normativa específica da UDC.

A cualificación de non presentado corresponderá ao alumnado que non participe en actividades de avaliación ou que soamente o faga naquelas que supoñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación total, independentemente da que sería a cualificación final obtida.

Para preparar as probas utilizarase a bibliografía recomendada, así como o material entregado nas clases.

Aconséllase que se resolvan sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes