Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Microeconomía. Mercados e Competencia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A7 A8 A11 B1 B9 C6 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas formuladas nas sesións interactivas. Poderanse realizar probas escritas presenciais ou virtuais. Formará parte da avaliación continua. 10
Discusión dirixida A12 B2 B4 B10 C1 C4 C6 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas formuladas nas sesións interactivas. Poderanse realizar probas escritas presenciais ou virtuais. Formará parte da avaliación continua. 10
Estudo de casos A4 A11 B2 B6 B8 B9 C5 Valoraranse as solucións propostas polos alumnos á resolución dos casos formulados. Poderanse realizar probas escritas presenciais ou virtuais. Formará parte da avaliación continua. 10
Proba obxectiva A6 A8 A11 B3 B5 C1 Además das probas finais, realizaranse probas escritas durante o curso para a valoración dos coñecementos adquiridos, que poderán ser presenciais ou virtuais.

70
 
Observacións avaliación

NORMATIVA DE AVALIACIÓN

1. Condicións da avaliación: Non se permitirá o acceso á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

2. Identificación do estudante: O estudante deberá acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

AVALIACIÓN:

1. A asistencia ás clases é imprescindible para a valoración de casos, discusións, solución de problemas e para a realización das probas da evaluación continua.

2. Para superar a materia será necesario alcanzar unha cualificación de 5 sobre 10. 

3. A avaliación continua realizada durante o curso constitúe o 30% da cualificación. Non obstante, si nas probas obxetivas se alcanza un 5 sobre 10 non será necesario realizar examen final.

4. As probas finais constitúen o 70% da cualificación. Nestas probas deberase obter polo menos 3 puntos dos 7 máximos que deberán completarse ata chegar ao 5 coa puntuación acumulada durante o curso, ou obterse directamente na propia proba.

5. A cualificación de non presentado corresponderá ao alumnado que non participe en actividades de avaliación ou que soamente o faga naquelas que supoñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación total, independentemente da que sería a cualificación final obtida. 

6. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia conforme o establecido na normativa específica da UDC poderán seguir a avaliación continua acordándose ao inicio do curso un calendario de datas compatible coa súa dedicación.

OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1. As condicións de avaliación para a segunda oportunidade serán as mesmas que para a primeira. 

2. Na proba da convocatoria adiantada realizarase un único exame que supoñerá o 100% da cualificación. Para aprobar deberase obter unha cualificación de 5 sobre 10.

RECOMENDACIÓNS:

Para preparar as probas utilizarase a bibliografía recomendada, así como o material entregado nas clases. Aconséllase que se resolvan sempre todas as dúbidas que xurdan durante o desenvolvemento das sesións, recorrendo á atención personalizada cando fose necesario.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes